A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


30/04/09

DEICA ABRIL


Despídese abril con un tépedo día de chuvia, pero déixanos os libros para que nos acompañen o resto do ano.
DOUS LIBROS PARA LER NA PONTE DE MAIO?
Para os que queiran ler algo en prosa unha opción interesante é o libro El mago de Viena de Sergio Pitol, unha reflexión sobre as súas lecturas e autores favoritos. E para os que prefiran a poesía, non estaría mal ler Herba aquí ou acolá de Cunqueiro, onde atopamos algúns poemas con referencias a este mes que se vai.
DEIXÁMOSVOS a continuación UNHA MOSTRA DE CADA UN:
""De los diversos instrumentos del hombre, el más asombroso es, sin duda, el libro", dice Borges. "Lo demás son extensiones de su cuerpo. El microscopio, el telescopio, son extensiones de su vista; el teléfono es extensión de la voz; luego tenemos el arado y la espada, extensiones de su brazo. Pero el libro es otra cosa: el libro es una extensión de la memoria y de la imaginación."

El libro realiza una multitud de tareas, algunas soberbias, otras deplorables; distribuye conocimientos y miserias, ilumina y engaña, libera y manipula, enaltece y rebaja, crea o cancela opciones de vida. Sin él, evidentemente, ninguna cultura sería posible. Desaparecería la historia y nuestro futuro se cubriría de nubarrones siniestros. Quienes odian los libros tambien odian la vida." [...]


DEICA ABRIL
Quitando a pucha direiche
deica as rosas que veñen!
Carlota, Ofelia ou Pía
sexa un destes o teu nome ou outro,
deica as rosas que veñen!

Sob a choiva ou ao sol agárdame
non deixes que o vento te leve
morrer é moi doado
volverei aínda que co vento te foses,
que cinza sexan os ollos meus
que buscarte prometeron
cando volvan as rosas.

O tempo vai e ven e vira
eu feito de soños
sin saber quen ha morrer primeiro.
Deica as rosas que veñen
o corazón como a roda dun muíño,
días e días sin saber quen vivirá en abril
ti, Carlota, Ofelia ou Pía,
ou eu, xa perdido no tempo,
a pucha na man, hedra por dentro
e a poeira que escusa o rastro
das rosas que foron, perdido no mundo
deica as rosas que veñen!

26/04/09

PALABRAS PARA A REFLEXIÓN

"Que non vos estrañe: o desenvolvemento humano non avanza en zigzag nin a saltos, senón que normalmente constrúe sobre o anterior. A loita por comprender e utilizar as novas tecnoloxías esixe moitas cousas novas, si; pero presupón as antigas. E a máis importante delas é a lectura." José Antonio Millán.

23/04/09

O DÍA DO LIBRO

Cada ano dende 1976, tal día coma hoxe, o paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares é o escenario dunha cerimonia que ten como obxectivo honrar a obra completa dun escritor en lingua castelá: o Premio Cervantes, o Nobel das Letras Hispánicas. Os candidatos son presentados pola Real Academia Española, as academias dos países hispanos e os premiados en anos anteriores. Este ano o premio é para Juan Marsé, un tipo "bajo, desmañado, poco hablador, taciturno y burlón" como el mesmo se describe no seu autorretrato, un extraordinario autor de libros tan famosos como Últimas tardes con Teresa, Si te dicen que caí, El amante bilingüe, Rabos de lagartija, e tantos outros, moitos deles levados ao cine.
AQUI VOS DEIXAMOS O COMEZO de Rabos de lagartija para que vos animedes a lelo:
"Venga, chaval. Desembucha.
Mis padres me engendraron hace muchos años, pero en este momento no tendré más de tres o cuatro meses. Todo está ocurriendo como en un sueño congelado en la placenta de la memoria, en un tiempo suspendido que fue la caraba de mascaradas públicas e infortunios privados, atropellos y desventuras, calabozos y hierros.
-¿Qué pasa, se te ha comido la lengua el gato? -la voz intempestiva y ronca del hombre se abate de nuevo sobre mi hermano David, los dos enfrente de casa. Hace apenas media hora ha caído sobre el barrio una tormenta atronadora y sombría, y ahora, cuando la mañana vuelva a brillar esplendorosa y el aire y la luz se erizan acariciando la piel y los ojos, David se siente otra vez tan delicado y aparente que no le habría importado recibir el imperioso mandato de la autoridad vestido de Shirley Temple con sus tirabuzones rubios, sus hoyuelos en los mofletes y su vocecita de niña viciosilla:
-¿Mande? "[...]
OS LIBROS SON AS ABELLAS QUE LEVAN O POLE DUNHA INTELIXENCIA A OUTRA. (James Russell-Lowell).

21/04/09

ACTIVIDADES ARREDOR DO LIBRO

Aproveitando o comezo do 3º trimestre o instituto é un fervedoiro de actividades. Nos vos esquezades de mirar o blogue porque imos dar información puntual de todas elas.
Mais como esta é a semana grande do libro non deixedes de pasar pola biblioteca a honrar ao patrón.
Se queredes estar ao día do que estamos a facer, premede en ACTIVIDADES, no apartado de Enlaces da biblioteca á dereita da páxina principal.

FELIZ ANIVERSARIO

P. Pallarés, M. A. Fernán Vello, M. Mato, X. L. Valcárcel, M. Rivas, Salinas, L. Pereiro, L. Braxe, X. Seoane e Monterroso nos soportais de María Pita en 1984.
Supoñemos que xa sabedes que se están a celebrar os 25 anos do grupo poético De Amor e Desamor,entre outras cousas porque un dos seus integrantes é un profe do insti. Aí os tedes na foto cando aínda non criaran canas. Unidos, como din eles, máis pola veciñanza e a camaradaxe que por calquera outra cuestión, pertencen á denominada xeración poética dos oitenta, chamada así porque comezaron a ser coñecidos por esas datas.

E se ben, como di o tango, "vinte anos non é nada", vinte e cinco xa é un pouquiño máis. Durante estes anos morreu Lois Pereiro, Monterroso marchou alén mar e os outros ficaron na terra, con estadías máis ou menos longas noutros países no caso de M. Rivas, e desenvolveron unha obra poética, e mesmo narrativa, comparable á dos mellores poetas contemporáneos doutras latitudes. De feito están traducidos a varios idiomas e están a ser estudados en diferentes universidades.

Resulta difícil neste caso sinalar un libro concreto, porque teriamos moito onde elixir; de todos os xeitos os que estean interesados poden vir asesorarse á biblioteca. E os que aínda non coñezades moito a súa obra, o mellor que podedes facer é achegarvos a eles a través dalgunhas antoloxías que temos na biblioteca.
NINGÚN DÍA SEN POESÍA

19/04/09

RETORNO A TAGEN ATA

A semana pasada morreu en Compostela o cineasta galego Eloi Lozano, fundador do Festival Internacional de Cine de Ourense e "loitador independente polo cine de Galicia", e a súa morte fainos lembrar unha noveliña curta de Méndez Ferrín titulada Retorno a Tagen Ata, porque el foi quen a levou ao cine, converténdose así no primeiro director que rodou unha película de 35 mm en galego. Era o ano 1973.

Posteriormente rodaría Bellas durmientes, adaptación dunha novela de Y. Kawabata, Quen son?, Negra Sombra, Numeralia, Catro escultores...

Retorno a Tagen Ata é unha obra ambientada na posguerra. Escrita en clave simbólica e dentro do peculiar universo mitolóxico do autor, pon de manifesto as tensións ideolóxicas producidas entre o nacionalismo do exilio e o da terra, representados respectivamente por Rotbaf Luden, personaxe central da historia, e Ulm Roan, detrás do que parece agocharse a figura de Ramón Piñeiro, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Na biblioteca tes un exemplar agardando por ti.
LER FAINOS LIBRES

18/04/09

DIARIO

Hélène Berr era unha rapaza francesa de vinte e un anos que estudaba na Sorbona literatura inglesa, ata que no ano 1942 as leis antixudías de Vichy deron un xiro á súa vida. Gustáballe a música e os libros, aos que se refire con estas palabras: dentro de mín soa unha especie de campá cando oio falar de libros." Os irmáns Karamazov, Resurrección de Tolstói, o Prometeo de Shelley, Jude o escuro de Thomas Hardy, Shakespeare, a prosa de Hofmannsthal, os poemas de Rilke, os Contos de Chéjov. E Keats, o autor co que máis se identifica, e moitos máis.
Héléne, comeza a escribir o seu Diario o martes 7 de abril de 1942 porque cómpre que os demais saiban”. “A cada hora do día repítese a dolorosa experiencia que consiste en darse conta de que os demais non saben, que nin sequera imaxinan os sufrimentos dos outros homes (…)”. “E sigo intentando este penoso esforzo de contar.”
E cóntao con sinxeleza, con delicadeza e, ás veces, con desesperanza.“Hai dúas partes neste diario (…), a parte que escribo por deber, para conservar recordos do que deberá contarse, e está a escrita para Jean (Morawiecki, o seu mozo, que marchou a España e logo a África para loitar na Francia libre), para mín e para él”.
A derradeira anotación do Diario é do martes 15 de febreiro de 1944. Ainda que o 8 de marzo -día da súa detención- escribirá unha carta á súa irmá Denise (pág.293). Toda a familia é arrestada. Hélène morrerá en Bergen-Belsen no 1945, aos 24 años, uns días antes de que liberen o campo de exterminio no que ela se atopa.
SE QUERES SABER PREGÚNTALLE AOS LIBROS

11/04/09

O Silencio dos Deuses

As vacacións de Semana Santa tamén poden servir para poñernos ao día das novidades editoriais. Podería falarvos de moitas, pero hoxe quero recomendarvos un libro publicado por Baía do profesor José Lorenzo Tomé titulado O silencio dos deuses. E que mellor presentación que as palabras do autor.

"No último canto da Ilíada, Homero nárranos como Aquiles, tras dar morte a Heitor, maltrata o seu cadáver ante o silencio dos deuses. [...] Aquiles convértese desta forma, para os lectores da Ilíada, nun dos primeiros espellos que a literatura occidental nos ofrece do grao de crueldade que os homes somos capaces de alcanzar.
Como un gran tapiz que se desprega ao longo do tempo, toda a literatura occidental está tecida co fío ás veces abxecto ás veces decente da condición humana. [...] A literatura foise convertendo no espello en que a humanidade se ve reflectida no seu actuar: o medo, a valentía, a cobiza,o crime, o humor, o gusto polo xogo e a máscara, a esperanza, a loita pola autonomía, [...]
Na Ilíada os deuses calaban, salvo na ocasión en que Apolo alzou a súa palabra en defensa do home. Porén hoxe calan todos, aínda que moitos din falar no nome dos deuses. [...]
Talvez, a lectura atenta e serena das obras que nos foron deixando os homes como mostra do seu empeño por humanizarse, poida protexernos da cobiza e da desmesura dos imbéciles."

A LECTURA É O XEITO MÁIS FELIZ DE CONVERSAR CON UN MESMO.

09/04/09

O ALFABETO GREGO

Observade esta xoia que atopamos en Grecia visitando o MUSEO DE MICENAS e logo seguide a recomendación que vos facemos a continuación.
O blog A Nosa Biblioteca informa dunha entrada moi xeitosa para aprender o alfabeto grego. Se queres levalo ben sabido de volta das vacacións preme AQUÍ.

03/04/09

Fotos da viaxe a Grecia

Xa está no blog a presentación en Windows Media Player das fotos da viaxe a Grecia que un grupo de alumnos e profesores deste Instituto realizamos no mes de febreiro deste ano. Se queredes vela, tedes que entrar no apartado de DEPARTAMENTOS, Departamento de Grego, "Fotos da viaxe a Grecia 2009".

50 ANOS DA ESMORGA

A Esmorga, un clásico da literatura galega, é a primeira novela en galego de Eduardo Blanco Amor. A obra publícouse en Bos Aires o 3 de abril de 1959, ante a imposibilidade de ser publicada en Galicia a causa da censura franquista.
A celebración do cincuentenario é un bo momento para que leades ou releades este libro, unha das mellores novelas da literatura galega.
Tamén podedes aproveitar estas vacacións para coñecer Ourense e facer o itinerario seguido polos tres esmorgantes. Está sinalizado con oito placas de cerámica: A primeira placa tédela na Avda. de Zamora, diante da antiga Delegación de Sanidade, onde estaría a taberna da tía Esquilacha, e logo no lavadoiro das Burgas, a fonte de San Cosme, o canellón de Pena Vixía, a Praza do Correxidor (detrás da Catedral), a Fonte do Rei, a rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal) e a Praza Maior.
Durante todo o mes de abril tedes na biblioteca unha exposición sobre A Esmorga, arredor da que se farán tamén unha serie de actividades.

E unha nova de última hora:
Hoxe fallouse o Premio Blanco Amor. A novela premiada foi Monte Louro de Luís Rei Núñez.

DIME O QUE LES, E DIREICHE QUEN ES.

02/04/09

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e como cada ano un país redacta unha mensaxe para todos os rapaces do mundo. Este ano tocoulle ao exipcio Hani D. El-Masri.

Neste día serán moitas as actividades que se realizarán en todo o mundo arredor da lectura, e nós queremos participar tamén dende a biblioteca, animándote a que veñas a ver as novidades de lectura que nos chegaron estes días. De seguro que che gustarán. Podes levar algunha delas para ler nestes días que imos ter de vacacións.
EN ABRIL, LIBROS MIL.

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (124) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (54) baile (4) bibliotecas (77) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (21) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (172) encontros con escritores (14) enlaces (259) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (41) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (87) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (43) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER