29/10/09

HIPATIA DE ALEXANDRÍA (3)

Nesta ocasión presentámosvos dous libros co mesmo título El legado de Hipatia.

O primeiro, escrito por Vicente Muñoz Puelles, pode iniciar á xente nova na razón e a antigüidade clásica: unha noite un escritor, que traballa nunha novela sobre Hipatia, busca na súa biblioteca un libro e, tras lelo, déixao noutro andel. Mais ao día seguinte o libro volve a estar no seu primitivo lugar. Este feito fai recordar ao escritor outro misterio que lle aconteceu cando tiña doce anos e se lle apareceu o seu avó, morto nove días antes.

O segundo, de Margaret Alic, non é unha biografía sobre a filósofa alexandrina en exclusiva, senón que trata a historia das mulleres na ciencia desde a Antigüidade ata finais do século XIX.
Lembrade que tedes máis información sobre este personaxe no enlace departamento de Grego.

17/10/09

MERCEDES SOSA, A VOZ DE AMÉRICA LATINA

"...Mercedes, salmo en los labios
amorosa madre amada
mujer de América herida
tu canción nos pone alas y hace que la patria toda
menudita y desolada no se muera todavía,
no se muera porque siempre cantarás en nuestras almas..."

Así a describía a cantante e compositora Teresa Parodi. Mañá fará 15 días que nos deixou. Pouca resonancia tivo nos medios de comunicación este abandono. Tal vez ela tamén o quixera así. Mercedes Sosa sempre foi unha persoa humilde, como humildes foron as súas orixes na cidade arxentina de San Miguel de Tucumán. Integrante de Movimiento del nuevo cancionero -corrente renovadora do folclore arxentino-, Mercedes foi unha das máis importantes embaixadoras da cultura arxentina polos escenarios do mundo enteiro, nos que compartiu cartel con artistas de todos os países, e unha loitadora pola liberdade. Como lembraba o seu amigo o músico Víctor Heredia: "Nos dio su ejemplo de lucha para que podamos tener más justicia, más derechos, más democracia"... "Mercedes fue la voz de quienes no teníamos la posibilidad de decir una enorme cantidad de cosas en la época de la dictadura".
Quen non lembra a súa voz en temas tan coñecidos como Gracias a la vida de Violeta Parra, Alfonsina y el mar de Ariel Ramírez y Félix Luna o Yo vengo a ofrecer mi corazón de Fito Páez?
Deixámosvos con ela.

06/10/09

HIPATIA DE ALEXANDRÍA (2)

Como vos anunciábamos no artigo anterior, aquí tedes outro libro sobre Hipatia. A autora, Maria Dzielska, catedrática de historia romana antiga na Universidade Jagelónica de Cracovia, baseándose en fontes contemporáneas e na correspondencia da filósofa, vai máis alá da lenda para ofrecernos a historia verdadeira da vida e a morte de Hipatia. Retrocedendo ata a Alexandría do século IV, constrúe un cadro convincente e cheo de cor dos discípulos e as ensinanzas da filósofa, aclarando o que o seu asasinato, ocorrido no ano 415, revela sobre as tensións desa época tumultuosa. Hipatia foi vítima máis dos conflitos políticos da época, e da pugna entre o bispo Cirilo e o gobernador Orestes, que dun verdadeiro problema de fe.

Neste enlace ides ter ao longo deste mes información sobre a vida desta científica:


01/10/09

HIPATIA DE ALEXANDRÍA

Nestes días estase falando moito da última película de Amenábar, Ágora, da que tedes un comentario e o tráiler na sección carteleira deste blogue. Parece axeitado, pois, comezar o curso informándonos sobre quen foi Hipatia de Alexandría, e desta maneira poder opinar con máis fundamento cando vexamos a película. Para empezar aqui tedes este libro, Hipatia, que acaba de chegar á biblioteca, no que a profesora Clelia Martínez Maza afonda na biografía desta muller e na historia da cidade na que viviu, a misteriosa Alexandría do s.IV, para darnos a visión máis completa de Hipatia e da súa época. Así, desvélanos a vida da cidade do Faro e a Biblioteca, recreando a tensa atmósfera do panorama relixioso, as relacións entre os distintos centros de poder e as paixóns de todos os personaxes relacionados co crime que provocou o fin da Antigüidade.
Os próximos días seguiremos presentando nestas páxinas máis documentos sobre esta famosa matemática, astróloga e filósofa antiga.
SE QUERES SER O PRIMEIRO EN LER ESTE LIBRO, VEN Á BIBLIOTECA E PÍDEO EN PRÉSTAMO.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER