30/11/09

J.E.PACHECO, PREMIO CERVANTES 2009

Este ano o Premio Cervantes marchou para hispanoamérica. O agraciado foi o poeta, tradutor, profesor e ensaísta mexicano José Emilo Pacheco, que non hai moito recibiu tamén o Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. Pachecho, integrante da xeración mexicana dos cincuenta, é un dos escritores máis galardoados do seu país e unha das voces máis importantes de hispanoamérica na actualidade. O presidente do xurado J. A. Pascual definiu a Pacheco como "un poeta excepcional de la vida cotidiana, con una profundidad y una libertad en sus pensamientos, una capacidad de crear un mundo propio y un uso lingüístico impecable." Aquí vos deixamos un poema seu que podemos considerar como unha autopoética:

A quien pueda interesar

Que otros hagan aún
el gran poema
los libros unitarios,
las rotundas
obras que sean espejo
de armonía

A mi sólo me importa
el testimonio
del momento que pasa
las palabras
que dicta en su fluir
el tiempo en vuelo

La poesía que busco
es como un diario
en donde no hay proyecto ni medida
Se pasades pola biblioteca poderedes ler algunha das súas obras.

29/11/09

O COMIC GALEGO ESTÁ DE NORABOA

Onte a Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario recibiu a un novo académico, Miguelanxo Prado, o noso ilustrador máis internacional, o que supón non só un recoñecemento para el senón tamén para o mundo da banda deseñada galega.

Dende a biblioteca queremos engadir a nosa felicitación ás moitas que terá recibido e facerlle a nosa particular homenaxe invitándovos a compartir con nós a lectura dos comics que tedes á vosa disposición.
Se queredes máis información sobre el premede AQUÍ e AQUÍ.
E se aínda non vistes ningún dos seus traballos de animación, deixámosvos un pequeno trailer de De Profundis:

26/11/09

CENTENARIO DE IONESCO

Hai hoxe cen anos nacía en Rumanía E. Ionesco, que acabaría converténdose nun dos principais representantes do teatro do absurdo.
A súa obra, malia estar chea de sentido do humor, reflicte un punto vista pesimista dos seres humanos, característico deste tipo de teatro, mediante a utilización de xogos de palabras sen sentido e a creación de ambientes sufocantes, que poñen de manifesto a nosa incapacidade para entendernos e o ridículo da existencia.
Asociado ao movemento surrealista, Ionesco ten o mérito de conseguir conquistar a un público afeito ao teatro realista.
En 1950 A cantante calva lanzaríao ao estrelato. Logo viría A lección, As cadeiras, Vítimas do deber e moitas outras, entre as que destaca especialmente O Rinoceronte.
Hoxe queremos lembralo cun fragmento da súa obra A Lección:
-Profesor: Ben. Arimeticemos un pouco. [...]
-Alumna: Si, señor.Un,..dous,...pois
-Profesor: Sabe vostede contar ben? Ata cantos sabe contar?
-Alumna: Podo contar... ata o infinito.
-Profesor: Iso non é posible, mademoiselle.
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Como vostede queira. Perfecto. Vostede ten, pois, dez dedos.
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Cantos tería se tivese cinco?
-Alumna: Dez, señor.
-Profesor: Non é asi!
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Dígolle que non!
-Alumna: Vostede acaba de dicirme que teño dez!
-Profesor: Díxenlle tamén, inmediatamente despois, que vostede tiña cinco!
-Alumna: Pero non teño cinco, teño dez!
-Profesor: Procedamos doutro xeito... Limitémosnos aos números do un ao cinco para a substracción... Preste atención, mademoiselle, e vaino ver. Vou facer que comprenda.
N' A Lección o argumento é mínimo: unha rapaza de 18 anos acode á casa dun profesor para ampliar os seus estudos en matemáticas, lingua, etc...máis as clases acabarán sendo un suplicio. A medida que avanza a acción, a alumna irá perdendo vitalidade e o profesor irá impoñendo o seu poder, mentres por detrás a criada vai movendo os fíos da trama.
Como di Barceló, o actor que interpretou ao profesor este verán no Teatro Español de Madrid:
"En realidad este profesor no quiere enseñar nada a la alumna, sólo quiere impresionarla y controlarla"... "Se trata de alguien que tiene una información y utiliza este conocimento para ejercer un poder sobre otra persona. Esta es la metáfora de la obra, que puede aplicarse a cualquier faceta, desde los medios de comunicación hasta la política o el deporte."
N' A Lección, a incomunicación, tema recorrente na obra de Ionesco, aparece como predominante: os protagonistas falan sen parar, pero as súas palabras só serven para poñer de relevo que non teñen capacidade para entenderse porque están baleiras de significado.


Se Ionesco vivira aínda, seguro que atoparía nos medios de comunicación innumerables argumentos para escribir moitas obras máis.

25/11/09

500 ANOS DA MULLER NA ARTE OCCIDENTAL

No blogue de Ignacio Jáuregui atopamos esta preciosa montaxe que ten como música de fondo a Zarabanda de Bach da Suite para cello nº 1 en Do maior, interpretada por Yo-Yo Ma.

Women In Art from Philip Scott Johnson on Vimeo.

Se queredes coñecer o nome dos cadros e os seus autores premede AQUÍ.

CLUB DE LECTURA

Toda biblioteca que se precie ten o seu club de lectura e nós non imos ser menos.

Entón, que nos falta?

FALTA QUE TI ASISTAS Á PRIMEIRA REUNIÓN o próximo 15 de decembro ás 18.10 na biblioteca.

Mentres, podes ir pensando un nome para o noso club.

24/11/09

CONTRA O MALTRATO, TOLERANCIA CERO

Con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero queremos recomendarvos dende a biblioteca a lectura de dous libros que vos axudarán a reflexionar sobre o tema e tamén a estar alerta contra calquera tipo de maltrato o acoso.

No primeiro deles 5 x 2 = 9, as escritoras Ángeles Caso, Espido Freire, Rosa Regas, Eugenia Rico e Lourdes Ventura, realizan dez miradas contra a violencia de xénero. Para escribir os seus relatos cada unha delas reuniuse con unha muller que nalgún momento da súa vidas sufriu maltrato por parte da súa parella, aínda que no caso da quinta, a súa voz cobra vida a través do seu fillo, porque ela xa foi asasinada. De aí o título do libro.

O segundo é un libro de Marilar Alexandre titulado A cabeza de
Medusa
que narra a historia de dúas adolescentes, Sofia e Lupe, que son violadas cando regresaban de madrugada dunha festa de disfraces. A partir dese momento comezará para elas un suplicio, pois debateránse entre cargar co peso da agresión coma a Medusa clásica ou loitar pola súa dignidade e conseguir que se faga xustiza.

23/11/09

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AS CADEAS NON CEDEN. RÓMPEAS!

REGLAS DE JUEGO PARA LOS HOMBRES QUE QUIERAN AMAR A LAS MUJERES

II

El hombre que me ame

no querrá poseerme como una mercancía,

ni exhibirme como un trofeo de caza,

sabrá estar a mi lado

con el mismo amor

con que yo estaré al lado suyo.

IX

El amor de mi hombre

no querrá rotularme o etiquetarme,

me dará aire, espacio,

alimento para crecer y ser mejor,

como una Revolución

que hace de cada día

el comienzo de una nueva victoria.

Gioconda Belli.

21/11/09

PIRATAS NA BIBLIOTECA

Premede sobre a imaxe se queredes saber máis sobre piratas

Hai personaxes que sempre están de actualidade e iso é o que sucede cos piratas, eses personaxes audaces e temibles que a literatura e o cine contribuíron a dotar dunha aura novelesca bastante lonxe da realidade. Quen non lembra ter lido algún libro que tivera por protagonista a un deles, coa súa bandeira negra, a súa calivera, os seus tesouros agochados e unha morea de elementos máis asociados, que non aceptaban ningún tipo de autoridade e eran os donos do mar?
Pois si, están de actualidade, pero esta vez non foi o cine nin a literatura quen os resucitou senón os medios de comunicación, porque agora os seus obxectivos son os países occidentais que se atreven a navegar polo Índico, entre eles España. Mais como di M.A. Murado no seu artigo de hoxe Patente de corso, é curioso como a historia se pode volver contra un en calquera momento, porque a maioría deses países fixéronse ricos no seu día con procedementos semellantes.
Os piratas de hoxe xa non levan un parche no ollo, nin a pata de pau pero son tamén produto da miseria, man de obra barata da que se aproveitan outros que non expoñen a súa vida no mar.
QUEN SE APUNTA A COÑECER OS MÁIS FAMOSOS PIRATAS DE TODOS OS TEMPOS?

SE VOS DECIDIDES PASADE AXIÑA POLA BIBLIOTECA PORQUE ESTÁN MOI SOLICITADOS.

ADEMAIS, SE PRETENDEDES ENROLARVOS COMO MARIÑOS NALGÚN BARCO VELEIRO É INDISPENSABLE QUE ENTREDES AQUÍ.

20/11/09

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Hoxe é un día especial para todos os que nos dedicamos ao ensino porque se celebra o 20 aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia, un tratado das Nacións Unidas que, en teoría, protexe a todos os menores de 18 anos.
Mais como pasa con moitas outras cousas, a maioría das veces os tratados quedan tan só nunha declaración de intencións que nin tan sequera os gobernos asinantes se preocupan de respectar.
Cal é a nosa responsabilidade para que iso non quede en papel mollado?. Por suposto
SEMPRE vixiar e denunciar, mais paralelamente EDUCAR, porque esa é a semente da que sairá todo o demais como ben nos di Gabriel Celaya neste poema que vos deixamos a continuación.
Educar es lo mismo
que poner motor a una barca,
hay que medir, pesar, equilibrar...
y poner todo en marcha.
Pero para eso
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino,
un poco de pirata,
un poco de poeta,
y un quilo y medio de paciencia concentrada.
Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco -ese niño-
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.
Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos
seguirá nuestra bandera enarbolada.
-PREMEDE SOBRE A IMAXE PARA LER OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS-

19/11/09

QUE SABES DE ARTE ANTIGA?


Queres saber se recoñeces algunhas das obras artísticas máis importantes da arte mesopotámica, exipcia, grega ou romana? Preme AQUI e poderás comprobar os teus coñecementos por medio dun xogo didáctico elaborado por Alfredo García, profesor de arte dun Instituto de Fuenlabrada, ao que lle agradecemos o seu traballo. Ao final, tras o slide coas imaxes, aparecen as solucións.

¡ÁNIMO E A XOGAR!

O VOTO FEMININO: UN DEREITO TRABALLADO

Se queres saber máis preme sobre a imaxe
Hoxe na clase de 2º de Bach. o comentario de texto versou sobre o tema do día:o voto feminino en España. Resulta difícil de comprender aos rapaces e rapazas destas idades a loita que tiveron que levar a cabo as mulleres ata chegar á situación actual. E, non obstante, aínda foi onte cando a muller acadou o dereito a voto en España: pasaron tan só 76 anos daquel 19 de novembro de 1933 no que as mulleres españolas se achegaron por primeira vez ás urnas para expresarse politicamente. Había dous anos que se aprobara nas Cortes o sufraxio feminino, non sen reticencias, mesmo por parte dalgunha das mulleres que formaban parte da Cámara naquel momento. Ese foi o caso de Vitoria Kent, que votou en contra por consideralo inoportuno naquel momento, mentres Clara Campoamor defendeu o voto feminino porque para ela era un dereito da muller como ser humano. Estas foron algunhas das súas palabras aquel día histórico:
"Yo señores diputados me siento ciudadana antes que mujer y considero que sería un error político dejar a la mujer al margen de ese derecho... La mujer española espera hoy de la República la redención...No cometáis un error histórico que no tendréis nunca bastante tiempo para llorar al dejar al margen de la República a la mujer...que está anhelante, aplicándose a si misma la frase de Humboldt de que la única manera de madurarse en el ejercicio de la libertad y de hacerla accesible a todos es caminar por ella".
Mais a alegría duraría pouco porque, tras o golpe de Estado de 1936 e a instauración da ditadura franquista, todos os logros democráticos conseguidos durante a República desaparecerían como por arte de maxia, e teriamos que agardar ata o ano 1977 para que todos, incluídas por suposto as mulleres, puideramos exercer de novo o noso dereito ao voto.
O documental que tedes a continuación resúmevos moi ben o que acabades de ler

16/11/09

UNHA EXPOSICIÓN QUE NON DEBEDES PERDER

Na sé da Fundación Caixa Galicia da Coruña tedes ata o 28 de febreiro unha exposición de fotografía que non debedes perder. Estamos a falar de Unha mirada de antano da fotógrafa americana da Hispanic Society of América de N. York Ruth M. Anderson.
Anderson chegou a Galicia en plena ditadura de Primo de Rivera acompañada polo seu pai, co obxectivo de fotografar os traxes populares, pero realizado este encargo volveu de novo cunha colega americana para seguir traballando noutros temas. Anderson realizou entre 1924 e 1926 unha actividade frenética da que se conservan arredor de 5000 negativos, acompañados de abundante información, que constitúen un documento excepcional da cultura popular galega dos anos 20, unha sociedade cuxos dous terzos da poboación activa era agraria e rural.
O seu obxectivo captou paisaxes, persoas, labores do campo, labores do mar, festas, enterros... buscando sempre o máis enxebre e característico do país. Con este material faría anos despois o libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña editado pola Hispanic Society.
A exposición está dividida en diferentes apartados: traballos e oficios, feiras e mercados, campo, relixión... o que a fai moi didáctica.
Ademais, con motivo desta exposición, Caixa Galicia organiza un concurso de fotografia no que podedes participar todos os que queirades.
Se queredes informarvos mellor PREMEDE SOBRE A IMAXE

15/11/09

CARLOS VELO, PIONEIRO DO AUDIOVISUAL GALEGO

Hai hoxe cen anos nacía no concello de Cartelle (Ourense), Carlos Velo, cineasta e documentalista da República.Velo entrou en contacto co galeguismo do Grupo Nós na súa época de estudante en Ourense e posteriormente, cando marchou a Madrid para estudar Ciencias Naturais, participou nas actividades da Residencia de Estudiantes. Durante a República colaborou coas Misións Pedagóxicas ata que a Guerra Civil o obrigou a marchar exiliado para México no 1939. Alí entrou en contacto con outros intelectuais españois exiliados e con moitos outros americanos. Identificado co galeguismo, colaborará nas revistas Saudade e Vieiros con Delgado Gurriarán a e Lois Soto e na fundación do Patronato de la Cultura Gallega. En México desenvolverá tamén a súa carreira cinematográfica. Colaborará con Buñuel, con J.A. Bardem e levará ao cine a obra do seu amigo Juan Rulfo, Pedro Páramo, da que vos deixamos este trailer.



Se queredes saber máis sobre Carlos Velo premede
AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ.
.

13/11/09

ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

O Ano Internacional da Astronomía está a piques de rematar: a despedida oficial será o 12 de decembro en Granada. Foron moitísimas as actividades que se programaron para que todos coñeceramos mellor a nosa casa e os arredores. Se queredes lembralas podedes ver este calendario onde aparecen recollidas as diferentes actividades ao tempo que vos fai unha panorámica das astrónomas máis famosas da historia. Os que participastes na actividade para medir o radio da terra tedes o informe final AQUÍ.
Non deixedes de ver a exposición que se inaugurou na Biblioteca de Andalucía o 9 de novembro titulada COSMOS, Vistas desde la Nave Tierra, que vos deixamos neste precioso catálogo.
E como punto final un toque de humor con Astronomía en Viñetas. Premede sobre a imaxe e veredes unha selección. E unha vez na páxina, ide pinchando en cada un dos tres globos que aparecen debaixo das viñetas para ver a exposición completa. Que vos guste!

10/11/09

SINESIO, TI NON CUESTIONAS O QUE CRES

Esta frase que Hipatia lle di a Sinesio, bispo de Cirene e antigo discípulo dela, resume perfectamente a diferenza entre eles, entre ciencia e relixión en definitiva. Fronte aos que loitan diariamente por impoñer as súas ideas aos demais, a costa do que sexa, Hipatia, unha científica, loita diariamente por desmontar ideas preconcebidas, cuestionándose absolutamente todo para que a ciencia e a humanidade avance.


Despois dun mes falando neste blogue do tema de Hipatia, por fin un grupo fomos ver a película de Amenábar. Deixando a un lado que a película se perde en excesos (exceso de ruído, google earth, xente, pelexas...), tan frecuentes nas grandes superproducións, penso sinceramente que este tipo de cine "que chega a tanta xente" sempre ten algo positivo: a posibilidade de afondar nas lecturas sobre a época e os acontecementos que trata. Se a película Troia conseguíu que algunha xente se achegase á Ilíada de Homero e que nos foros se falase deste magnífico poema épico, e mesmo medrasen as súas ventas, Ágora está conseguindo tamén o mesmo efecto. Por iso creo que os que nos dedicamos ao ensino temos que sacarlles partido a través de aqueles aspectos que poden facer pensar aos nosos alumnos e espertar neles o espírito crítico.

No caso de Ágora parece obvio o tema a tratar: o fanatismo relixioso.

Se películas como esta conseguen que algunha xente medite sobre a facilidade con que as vítimas se poden converter en verdugos, BENVIDAS SEXAN AS SUPERPELÍCULAS!

09/11/09

O MURO DE BERLÍN

Hai hoxe vinte anos caía o denominado Antifaschistischer Schutzwall (Muro de protección antifascista), símbolo da guerra fría entre a URSS e EEUU que dividía Berlín en dúas zonas: oriental e occidental. Este muro de 45 quilómetros que impediu durante 28 anos a libre circulación dos cidadáns alemáns polo seu país, e provocou a separación de moitas familias e a morte de moitos dos que intentaron saltalo, empezou a ser derrubado a noite do 9 de novembro de 1989 ante os ollos atónitos dos espectadores de TV e dos cidadáns alemáns que o contemplaban "in situ".
Aquel día semellaba que o mundo era máis libre. Pero o tempo pasa e a historia repítese, e volven a construírse muros, a maioría invisibles, e, polo tanto, cada vez máis difíciles de derrubar. Con todo aquel 9 de novembro era o final dunha época que Joaquín Sabina evoca coa súa característica ironía no seu MURO DE BERLÍN
:


Os que queirades saber algo máis sobre a Guerra Fría podedes entrar AQUÍ onde atoparedes moitas actividades para aprender xogando.

CINCUENTENARIO DA MORTE DE CABANILLAS

Di Luís Rei, o biógrafo que publicou este ano a extraordinaria biografía de Cabanillas titulada Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades que "Ás oito da mañá do 9 de novembro de 1959" morría o poeta, e que a prensa da época se fixo eco da noticia, mesmo cun programa especial en Radio Vigo. Pasaron xa cincuenta anos! Foi soterrado no cemiterio de Fefiñáns, onde tamén descansaba a súa dona Eudosia. Pero nin morto puido descansar Cabanillas na terra cambadesa porque, como tamén lembra Luís Rei, o 12 de agosto de 1967 os seus restos foron trasladados a San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, ao lado dos de Rosalía e Asorey, onde tamén descansan hoxe Castelao e Novoneyra. Alí permanecen pechadas as cinzas do "poeta da raza", mais a súa voz segue a vibrar no ar cada vez que recitamos os seus versos, por veces incendiarios, por veces cheos de sensualidade ou tenrura, por veces amosando a tristura da despedida, como estes que atopamos no seu libro Samos:

"No roteiro que vai caír na Morte

a Vida recadou nova xornada.

Diante, a luz teologal, inextinguibre,

detrás, poeira, tebras, cinza... nada.
"
Con motivo do cincuentenario o Concello de Cambados proclamou o 2009 Ano Cabanillas e levou a cabo multitude de actividades, entre elas a inauguración dun Roteiro poético ou a exposición Os artistas de Cabanillas. Como despedida do Ano Cabanillas a RAG celebrará un acto solemne de homenaxe ao poeta o próximo día 12 de novembro en Cambados.

07/11/09

EXPOSICIÓN DE RODIN

Auguste Rodin, O beso (1886)
No Palacio Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso podemos visitar ata o 15 de novembro a exposición Rodin e a mitoloxía simbolista. A mostra reúne 85 obras, a meirande parte delas pezas en bronce, aínda que tamén debuxos e a versión en xeso de A Porta do Inferno, proxecto no que o escultor traballou toda a súa vida e no que plasma en bronce A Divina Comedia de Dante, deixándonos claro que para el non existían fronteiras entre as artes. Outras obras famosas que podemos ver nesta exposición son: o beso, o pensador, os burgueses de Calais, Orfeo, Balzac, Adán, etc.
Un grupo de alumnos do noso Centro xa disfrutou dela, e os demais aínda tedes oito días e dúas fins de semana para visitala. Mentres, podedes atopar información desta actividade, con enlaces e vídeos interesantes en


05/11/09

GRAFFITI CREATOR

ATOPAMOS UNHA WEB EXTRAORDINARIA PARA OS GRAFITEIROS.

Podedes facer letras de graffiti e ao mesmo tempo accededes á mellor parede coa que puidestes soñar.
Ademais a rede tamén vos proporciona moitas máis posibilidades de que vexan as vosas creacións que as paredes ou as mesas das aulas.

PREMEDE SOBRE A IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA E... A GRAFITEAR!

04/11/09

QUEN SE APUNTA A FACER TEBEOS?

Se queredes descubrir como se fai un COMIC, aquí tedes un libro que vos pode axudar. Os seus autores, Lewis Trondheim e Serxio García teñen experiencia dabondo para ensinarvos.

Neste libro, editado por Factoría K, podedes aprender como se deseña unha páxina de comic, os distintos planos que se poden utilizar, como escoller un bo enfoque das escenas, como facer "bocadillos" ou globos" e moitas cousas máis. Mesmo inclúe propostas de exercicios prácticos, para que poidades comprobar como asimilastes os vosos coñecementos antes de lanzarvos á aventura de realizar o voso primeiro comic.

ANIMÁDEVOS. A ver se vos vemos o ano que vén en VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO!

03/11/09

ADEUS, FRANCISCO AYALA

"Casi desde que nací tuve conciencia de la muerte, esa fatalidad que tarde o temprano a todos afecta. Hay que aceptarla, guste o no guste".

Estes ollos que, como comentaba a súa muller Carolyn Richmond, "todo lo ven y en silencio hablan", esta mirada "capaz de producir en quien la sostiene tanto desasosiego, refleja una dualidad fundamental del Ayala persona y del Ayala escritor: su asombroso sentido crítico, por un lado, y, por otro, su profunda ternura emocional".
Estes ollos que se pecharon hoxe por última vez deixáronnos a todos un pouco máis orfos.
Mais quédanos o acubillo das súas palabras:
"Al repasar las declaraciones obtenidas mediante el tormento -diligencia esta que, en su día, por muchas razones, se creyó obligado a presenciar el propio obispo- acudió a su memoria con desagrado la mirada que Antonio María, colgado por los tobillos, con la cabeza a ras del suelo, le dirigó desde abajo. Bien sabía él lo que significaba aquella mirada: contenía una alusión al pasado, quería remitirse a los tiempos en que ambos, el procesado sometido a tortura y su juez, obispo y presidente del Santo Tribunal, eran aún judíos; recordarle aquella ocasión ya lejana en que el orfebre, entonces un mozo delgado, sonriente, se había acercado respetuosamente a su rabino pretendiendo la mano de Sara, la hermana de Rebeca, todavía en vida, y el rabino, despues de pensarlo, no había hallado nada en contra de ese matrimonio, y había celebrado él mismo las bodas de Lucero con su cuñada Sara. Si, eso pretendían recordarle aquellos ojos que brillaban a ras del suelo, en la oscuridad del sótano, obligándole a hurtar los suyos; esperaban ayuda de una vieja amistad y un parentesco en nada relacionados con el asunto de autos. Equivalía, pues, esa mirada a un guiño indecente, de complicidad, a un intento de soborno; y lo único que conseguía era proporcionar una nueva evidencia en su contra, pues ¿no se proponía acaso hablar y conmover en el prelado que tan penosamente se desvelaba por la pureza de la fe al judío pretérito de que tanto uno como otro habían ambos abjurado?" Fragmento do conto El Inquisidor.

GAÑADORES DA 1ª XINCANA CULTURAL DA BIBLIOTECA

Xa temos os gañadores da 1ª XINCANA CULTURAL organizada pola biblioteca con motivo da Semana de Portas Abertas. Son:

NICOLÁS GONZÁLEZ GRANADO
e
PAULINA ÁLVAREZ MONSALVE

Ademais acadaron un diploma por acertar algunha das probas propostas os alumnos seguintes:

MARCOS DOMÍNGUEZ CODESAL, MÓNICA CANOSA GENDE, LAURA DEL MONTE RODRÍGUEZ e PAULA MANRIQUE VELAYOS.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER