21/12/10

NORMAS DE USO DOS ORDENADORES


Os que vos pasades pola Biblioteca case a diario, xa vistes ao longo deste mes que temos ordenadores novos nas mesas novas, que falta facían! Pero para que duren e utilizalos con sentidiño, imos poñer unhas normas de uso, porque cando algo é de moitos haino que coidar máis aínda, se cabe.

NORMAS DE USO DOS ORDENADORES

Os ordenadores da biblioteca teñen principalmente unha finalidade pedagóxica e de procura de información para traballos escolares. Polo tanto:
1- Hai que
pedir permiso ao profesor de biblioteca para usalos, explicando para qué se usa e enchendo unha FOLLA DE REXISTRO.
2- No caso de baixar con algún profesor a traballar en clase, será ese profesor o encargado de que os alumnos enchan a FOLLA DE REXISTRO.
3- Non se pode tocar a apariencia nin a configuración do ordenador.
4- Limitarase o tempo se hai outros alumnos esperando para usalos.
5- Hai que deixar as cadeiras colocadas e a pantalla apagada ao terminar.
E para que o compartades cos amigos ou a familia, aqui vos deixamos máis fotos.



QUE AS COUSAS FUNCIONEN DEPENDE DE TODOS

UN XOGO PARA AS VACACIÓNS


Mañá mércores é o último día de clase. Ante nós aparecen as vacacións de Nadal como un tempo de lecer, de comidas en familia e tamén de regalos. En arquivos do trasno pensamos que un bó regalo podería ser o trivial "Arume Xogal", un xogo de mesa con preguntas sobre a historia e a cultura galega, que nos pode facer pasar un bo rato en familia divertíndonos e xogando.

16/12/10

PROXECTO EDUCATIVO MUSICAL

O día 11 saíu á venda este CD-DVD que recolle temas de música tradicional galega e irlandesa interpretados por nenos e nenas de tres países, de tres culturas, de tres colexios diferentes.
Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.

Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John's Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan's School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

Celtic Roots - GL from Casa de Tolos on Vimeo.

A nosa Biblioteca vaino pedir aos Reis Magos. E vós?

15/12/10

REFLEXIÓN SOBRE O INFORME PISA

No Blog "As zocas faladoras" da biblioteca do IES de Poio atopamos esta interesante reflexión sobre os datos do recente informe PISA:

"Hai uns días publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impartida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si? Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…

Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías? Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?

Mellorarán entón os resultados do informe PISA?"

Semella interesante pararse a pensar un pouco sobre estas cuestións
.

11/12/10

AS LETRAS E OS NÚMEROS

Xa que estes días estamos a falar do informe PISA, e visto que, aínda que melloramos un pouquiño, estamos lonxe de acadar o nivel doutros países do noso entorno, aquí vos traemos esta presentación para que repasedes as letras e os números.

LETRAS Y NUMEROS


09/12/10

ELOXIO DA LECTURA E A FICCIÓN

Italoedu
Dúas noticias importantes que apareceron nos medios de comunicación durante estas minivacacións:

Una) O discurso "Elogio de la lectura y la ficción" pronunciado por Vargas Llosa en Estocolmo con motivo da recepción do Premio Nobel de Literatura no que fai unha louvanza da lectura e unha homenaxe á súa familia e aos seus mestres, entre os que cita a Flaubert, Faulkner, Cervantes, Dickens, Tolstoi ou Thomas Mann. Lede estes fragmentos:

"(Aprender a leer) es la cosa más importante que me ha pasado en la vida. Casi setenta años después recuerdo con nitidez cómo esa magia, traducir las palabras de los libros en imágenes, enriqueció mi vida, rompiendo las barreras del tiempo y del espacio y permitiéndome viajar con el capitán Nemo veinte mil leguas de viaje submarino, luchar junto a d'Artagnan, Athos, Portos y Aramis contra las intrigas que amenazan a la Reina en los tiempos del sinuoso Richelieu, o arrastrarme por las entrañas de Paris, convertido en Jean Valjean, con el cuerpo inerte de Marius a cuestas.
La lectura convertía el sueño en vida y la vida en sueño y ponía al alcance del pedacito de hombre que era yo el universo de la literatura. [...] Seríamos peores de lo que somos sin los buenos libros que leímos, más conformistas, menos inquietos e insumisos y el espíritu crítico, motor del progreso, ni siquiera existiría."

"Me gustaría que mi madre estuviera aquí, ella que solía emocionarse y llorar leyendo los poemas de Amado Nervo y de Pablo Neruda, y también el abuelo Pedro, que celebraba mis versos y el tío Lucho que tanto me animó a volcarme en cuerpo y alma a escribir... Toda la vida he tenido a mi lado gentes así, que me querían y alentaban, y me contagiaban su fe cuando dudaba."

Dúas) O Informe PISA 2009 que nos conta que melloran os datos respecto ao informe anterior polo que se refire á lectura, se ben hai moita diferenza entre as distintas comunidades do Estado español. En Galicia non saímos tan mal parados, aínda que necesitamos mellorar.
Podedes ver AQUÍ a información que proporciona o diario Xornal. com ou AQUÍ a que vén no diario EL PAÍS.

Unha mensaxe que podemos deducir destas noticias -ATENCIÓN PAIS E NAIS- é que a familia é fundamental no desenvolvemento do hábito lector.

08/12/10

DEREITOS DA INFANCIA

Vede con atención a historia que se conta neste vídeo. Pode ser un punto de partida para reflexionar sobre a pouca importancia que lles damos ás cousas que temos porque sempre as tivemos.


Vía asaco.

05/12/10

ENSINAR A LER E ESCRIBIR

Esta fin de semana en El País semanal aparece publicada unha entrevista que Javier Rodríguez Marcos lle fai ao presidente da RAE Víctor García de la Concha, na que se despide despois de 12 anos á fronte da institución e dialoga co entrevistador arredor de diversos temas. Entre as preguntas e respostas efectuadas rescatamos unha que reforza unha vez máis as nosas conviccións e nos anima a seguir adiante contra vento e marea.

"¿Y que ha fallado en España? Las humanidades retroceden en la educación. ¿El gobierno no escucha a la Academia?
Nosotros insistimos cada día. Los chicos que llegan hoy a la Universidad tienen una preparación lingüística muy inferior a los anteriores.
¿Por qué?
Tal vez porque hemos atiborrado durante años las mentes de los muchachos con análisis gramaticales complejos. Hay que volver a lo básico: a enseñar a leer y a escribir, a leer en voz alta, a recitar, a discursear. Es lo que nos enseñaron a nosotros en la escuela. La ortografía que yo sé es la que aprendí a los 10 años. Para hacer el bachillerato había un examen de ingreso y con más de tres faltas de ortografía se suspendía."

Os que queirades ler a entrevista completa podedes entrar aquí.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER