31/01/11

AZUR E ASMAR



UNHA HISTORIA PARA PROXECTAR NUNHA HORA DE TITORÍAS OU DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS, QUE PODE SERVIR COMO PUNTO DE PARTIDA PARA REFLEXIONAR SOBRE A IGUALDADE E A TOLERANCIA.

29/01/11

OLIMPÍADA MATEMÁTICA 2011

O día 21 de xaneiro tres estudantes de 2º de Bach. do noso insti: Ricard Trinchet, Samuel Sánchez e Iago López asistiron na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela ás probas da Fase Autonómica da XLVII Olimpíada Matemática Española.

Este ano presentáronse preto de 200 estudantes de toda Galicia e a nosa representación non pasou desapercibida. Ricard Trinchet acadou unha das dezasete mencións de honra concedidas.
Aquí os tedes nos momentos de máxima concentración:

NORABOA POLO PREMIO

27/01/11

MÚSICA E LITERATURA NA BIBLIOTECA

28 de Xaneiro de 12 a 1,20 na Biblioteca

Prefacio: A historia de Sadako.

APERTURA: Audición de HYMN TO FREEDOM por Nicolás González Granados (clarinete) e Beatriz López-Suevos (piano).

• Los nadies: Ed. Galeano
• A illa en rebelión: Langston Hughes.
• A los políticos: Blanca Andreu.

Audición de ROSA DE LA PAZ por Amaral.

• Coma lobos: C. Casares.
• El fantasma que recorre Europa: L. A. de Villena.

Audición de VERDAD QUE SERÍA ESTUPENDO por Cómplices.

• Poema nuclear: C. E. Ferreiro.
• La guerra: Fco. Umbral

PECHE: Audición de BLOWIN’ IN THE WIND por Charlene Harriswangler (voz) e Israel Rocha (guitarra).

A CONTINUACIÓN TEDES OS TEXTOS QUE IMOS ESCOITAR

26/01/11

FIREWALK THEATRE NO INSTI


Hoxe ás 12,30 no salón de actos do insti temos a Firewalk Theatre coa representación Aquarius, que presentan así:

"Utilizando algunas de las mejores canciones de los años 60 y 70 interpretadas en directo, Rupert Marshall, antropólogo, músico y director de Firewalk Theatre explica la filosofía revolucionaria de la “counter-culture” de esa época, ofreciéndonos un análisis alternativo de “la crisis”; una especie de “conferencia cantada” sobre los males de nuestro tiempo y el porqué.
Destinado a alumnos del 2º ciclo de la ESO y Bachillerato, esta mini-obra cuenta con la intervención de una sola persona."

PODEDES COLLER A LETRA DAS CANCIÓNS SE ENTRADES AQUÍ.

25/01/11

OS MARTES, POESÍA

Eliximos hoxe o poema La Grulla do escritor colombiano de principios do século XX José Eustasio Rivera porque estamos a celebrar na biblioteca a semana da Paz que rematará o venres cun acto na biblioteca, e o simbolismo da grúa está moi vinculado en moitas culturas con este tema. Ademais, pola súa beleza e atractivo os grous son considerados tamén símbolo de elegancia, de sabedoría e de amor pola vida e mesmo son asociados á boa sorte e á inmortalidade.

La Grulla
Viajera que hacia el polo marcó su travesía,
la grulla migratoria revuela entre el celaje;
y en pos de la bandada, que la olvidó en el viaje,
aflige con sus remos la inmensidad sombría.

Sin rumbo, ya cansada, prolonga todavía
sus gritos melancólicos en el hostil paisaje;
y luego, por las ráfagas vencido su plumaje,
desciende a las llanuras donde se apaga el día.

Huérfana, sobre el cámbulo florido de la vega,
se arropa con el ala mientras la noche llega.
Y cuando huyendo al triste murmurio de las hojas

de nuevo cruza el éter azul del horizonte,
tiembla ante el sol, que, trágico, desde la sien del monte,
extiende, como un águila, sus grandes alas rojas.
José Eustasio Rivera

24/01/11

A NENA QUE ODIABA OS LIBROS

No blog do departamento de inglés
clickonenglish.blogspot.com
atopamos esta historia sobre unha nena que odia os libros, malia que na súa casa hai libros por todas partes e os seus pais aman a lectura.
O trailer que tedes a continuación é só o principio da historia. Se queredes escoitala enteira, tedes que premer AQUI
Por suposto a historia está en inglés. Pero ese detalle para nós non supón ningun problema. Non somos un Centro Plurilingüe? Pois iso.

22/01/11

CONTO PARA REFLEXIONAR

Onte na reunión do club de lectura do 1º ciclo tivemos como invitado a Manuel, o xefe do departamento de orientación do instituto, quen, ademais de recomendarnos un libro, achegounos este fermoso vídeo que queremos compartir con todos.


DE VEZ EN CANDO CONVÉN REFLEXIONAR SOBRE O QUE NOS RODEA

21/01/11

XI MOSTRA DE TEATRO CLÁSICO DE LUGO

Entre os días 1 e 10 de febreiro ás 20,30 horas do serán terá lugar a semana de teatro clásico de Lugo organizada pola concellaría de cultura. Este ano ten como protagonista o teatro inglés.
Abrirá a mostra o Ricardo III de Shakespeare representada pola compañía andaluza Atalaya Teatro, ao que seguirá Volpone de Ben Jonson, Soño dunha noite de verán de Shakespeare e Salomé de Oscar Wilde, representada polo Centro Dramático Galego, que pechará a mostra.
Completan o cartel El coloquio de los perros de Cervantes, representada por Teatro de la Abadía e O avaro de Molière.

SE QUEREDES INFORMARVOS DE ONDE TERÁN LUGAR AS REPRESENTACIÓNS E COMO PODEDES ADQUIRIR AS ENTRADAS PARA ASISTIR ÁS MESMAS, ENTRADE AQUÍ.

20/01/11

O PRADO AO ALCANCE DUN CLIC

Hai pouco o Museo do Prado inaugurou PRADOMEDIA, un canal con acceso online aos distintos recursos multimedia dedicados ás principais obras da colección. A través de Pradomedia temos acceso directo a vídeos, audioguías, audioguías para os máis pequenos e xogos con diferentes niveis de dificultade.
Só hai que entrar neste link , e mentres contemplas os cadros escoitas a audioguía coas explicacións, como se estiveses no mesmo museo.

MIRADE E XA DIREDES SE NON É UNHA MARABILLA!

19/01/11

PREMIOS DE CINE

Dúas novas de cine:
A película Buried do galego Rodrigo Cortés, nomeada aos Oscar e protagonizada por Ryan Reynolds, recibiu o Premio José María Forqué á Mellor Película, ao que competía con Entre Lobos (Gerardo Olivares), Lope (Andrucha Waddington), Pa Negre (Agustín Villaronga) e También la lluvia (de Icíar Bollaín).

E non queda todo aquí, porque o Premio á Mellor Interpretación Masculina recaeu tamén noutro galego, o actor Luís Tosar, polo seu papel en También la lluvia, premio para o que tamén estaban nominados Eduard Fernández e Unax Ugalde. Tosar xa recibira este galadón o ano pasado pola súa interpretación en Celda 211 e este ano repite.


18/01/11

OS MARTES, POESÍA


Este trimestre imos recuperar os martes poéticos cun poema de Fran Alonso no que nos conta como lembra a escola dos seus soños.

Estudiei nun pupitre de auga gorda
nunha escola onda o mar.
E no recreo ía pescar luras
na chalupa do meu avó.
Aprendía a escribir nunha clase pequena,
de persianas de sal.
No encerado nacían peixes,
e gamelas nos ollos do profesor.
Os meus compañeiros eran xoubas
e eu un tiburón.
O mar anegaba as rúas da cidade
e tiñamos que nadar para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.

QUEN SE ATREVE A IMITALO. AGARDAMOS OS VOSOS TEXTOS NA BIBLIOTECA

16/01/11

REUNIÓN HORA DE LER


En novembro comezamos dentro do PROXECTO LECTOR DE CENTRO con vinte minutos de lectura diaria en todas as aulas de ESO, e o mércores 12 de xaneiro reunímonos un grupo de profesores implicados para facer a primeira valoración da HORA DE LER. O que tratamos nesta reunión podémolo ver premendo no apartado correspondente creado a tal efecto na sidebar da dereita.
O Equipo da Biblioteca quere destacar dous aspectos moi positivos deste proxecto que acabamos de iniciar:
En primeiro lugar o feito de sacar adiante eses 20 minutos diarios de lectura que engloban a toda a ESO e a moitas materias e profesores, e que supuxeron lograr un consenso en canto a normas e lecturas.
O segundo aspecto positivo é comprobar que os alumnos en xeral o recibiron bastante ben. Por iso cremos que debemos SEGUIR ADIANTE, darlle tempo ao tempo e ir solventando os problemas que vaian xurdindo ata dar co proxecto axeitado ao noso centro.
Ademais, nesta reunión, decidimos tamén algo moi importante, mellorar a comunicación (verdadeiro obstáculo en moitos centros) entre os profesores implicados, creando unha sección chamada A HORA DE LER no blog e no taboleiro da entrada da biblioteca. Esta sección servirá para transmitir a información e expoñer os comentarios e opinións que consideremos.

15/01/11

EXPOSICIÓN SOBRE ALEXANDRE MAGNO


O 3 de decembro inaugurouse no Centro de Exposicións ARTE CANAL de Madrid a exposición "Alejandro Magno. Encuentro con Oriente" que permanecerá aberta ata o 3 de Maio. Nesta exposición podemos admirar máis de 330 pezas procedentes de 40 museos de todo o mundo, destacando os relevos da Porta dos leóns en Babilonia, os numerosos bustos de Alexandre, cascos, cerámica e un calendario zodiacal.

Está dividida en 10 áreas que recollen todas as facetas deste gran conquistador que unificou baixo a bandeira do seu imperio un vasto territorio desde Macedonia ata a mesma beira do río Indo.

Pero a figura de Alexandre (Alexandre III de Macedonia, 356-323 a.C.) esperta tamén curiosidade por algúns aspectos da súa vida envoltos aínda hoxe en lenda, como a relación co seu mestre Aristóteles, a súa morte ou a localización da súa tumba. Por iso podemos aproveitar para ler algunha das moitas novelas históricas escritas sobre este personaxe, ou ver a última película que Oliver Stone fixo en 2004 sobre el.

A continuación tedes un exemplo dalgún dos vídeos que se poden ver na exposición e neste enlace.


14/01/11

BIRDBOY

Premede na imaxe e entraredes no comic

Birdboy é unha curta de animación dirixida por Pedro Rivero e Alberto Vázquez, baseada na novela gráfica de Alberto Psiconautas, que en pouco máis de catro meses xa foi seleccionada en máis de 30 festivais internacionais. Birdboy vén de acadar, entre outros, o Gran Premio de Cine Vasco e o Premio ao mellor Guión Vasco na 52 edición do Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao, o Zinebi, e o Premio á mellor curta animada no Foyle Film Festival da cidade norirlandesa de Derry co que acadou a súa preclasificación para os Óscar de 2012.

Mediante unha fábula con animais, Birdboy narra a vida duns adolescentes marxinados nunha illa arrasada por un accidente industrial.

Rivero (Bilbao, 1969), guionista e director, presidiu entre 2002 e 2008 a Asociación Profesional de Guionistas de Euskal Herria e Vázquez (A Coruña, 1980) traballa como ilustrador para EL PAÍS e varias revistas nacionais e internacionais e publicou cinco novelas gráficas e varios libros de ilustracións.
Se queredes máis información sobre Alberto Vázquez entrade AQUÍ.


13/01/11

O LIBRO DOS CEN POEMAS

Aínda que O libro dos cen poemas (Antoloxía da poesía infantil galega), de Xosé María Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez, con ilustracións de Manuel Pizcueta foi publicado xa no ano 2002 por Espiral Maior, traémolo de novo á lembranza como recomendación de lectura para este segundo trimestre coa finalidade de ir preparando actividades cos rapaces con vistas á celebración do Día da Poesía.

Xosé María Álvarez Cáccamo, un poeta da denominada xeración dos oitenta, e Marisa Núñez presentan neste libro unha selección de cen poemas, tanto tradicionais como de autores contemporáneos, estruturados en cinco seccións: "Animais","Cancións de berce", "O mundo", "Cancións de festa" e "Nenos e nenas". E rematan a antoloxía cun caderno de actividades sobre 15 poemas, algunhas das cales poden ser moi útiles para traballar cos alumnos de 1º e 2º da ESO.

Álvarez Cáccamo reflexiona no prólogo sobre a necesidade dunha aprendizaxe progresiva da mirada poética, educada no hábito lector dende a primeira infancia.

APUNTADE A SUXESTIÓN

12/01/11

O DECRECEMENTO, UN TEMA POLÉMICO


A situación crítica que está a vivir o mundo occidental a nivel económico e social leva ao profesor de Ciencia Política da Autónoma de Madrid Carlos Taibo, autor entre outros libros de En defensa del decrecimiento, a reflexionar sobre como saír desta situación.

A tese de Taibo é que "En los países ricos hay que reducir la producción y el consumo porque vivimos por encima de nuestras posibilidades sin tomar en cuenta los límites medioambientales y de recursos del planeta. Las sociedades opulentas deben tomar en consideración la conveniencia de cerrar o reducir la actividad de muchos de los complejos fabriles hoy existentes. Estamos pensando, cómo no, en la industria militar, en la automovilística, en la de la aviación y en buena parte de la de la construcción."

ESCOITEDE A ENTREVISTA QUE TEDES A CONTINUACIÓN NA QUE FALA SOBRE ESTE TEMA.

Decrecimiento - Carlos Taibo from ATTAC.TV on Vimeo.

11/01/11

A EDUCACIÓN DO FUTURO

Eduardo Punset entrevista en REDES a Marc Prensky, un home rompedor e creativo, experto na educación do futuro, que ten como obxectivo fundamental da súa vida reformar as aulas e os sistemas educativos actuais.

ESCOITADE O QUE DIN

10/01/11

CAMPAÑA DE FOMENTO DA LECTURA

Preme na imaxe para entrar na páxina

O Ministerio de Cultura lanza unha campaña online de fomento da lectura.
Cando visitedes a páxina veredes que na parte esquerda ten distintos apartados nos que se pode entrar: manifesto, blogs, buscador, links, descargas e finalmente xogo, con preguntas literarias para que avaliedes os vosos coñecementos lectores.

(Vía Más que Libros).

09/01/11

QUE PASA COAS ABELLAS?

Un estudo francés indica que están a diminuír as poboacións de abellas, especialmente en EEUU e o Reino Unido.
A causa parece ser un potente pesticida, segundo informa o diario online El Librepensador.
De ser isto certo, as consecuencias poderían ser desastrosas. Vede o que se di no vídeo.


Se queredes coñecer mellor estes insectos entrade AQUÍ ou AQUÍ.

08/01/11

2011 ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Co lema "Os bosques, para as persoas", arranca este ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES coa finalidade de resaltar o papel fundamental que teñen estes espazos para os seres humanos e, polo tanto, a obriga que temos de protexelos.

Esta é a razón pola que A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declara por segunda vez os bosques protagonistas dun ano internacional. E todos os esforzos que fagamos a prol da súa conservación e recuperación serán pequenos, porque os beneficios económicos, socioculturais e ambientais que nos proporcionan son fundamentais para o desenvolvemento sostible do planeta.

Os documentais que tedes a continuación dino todo.

07/01/11

PREMIO NADAL 2011

Na noite de onte, como vén sendo habitual todos os 6 de xaneiro dende hai 67 anos, fíxose público o premio Nadal, que este ano lle foi concedido á novela titulada Donde nadie te encuentre da escritora albaceteña Alicia Giménez Bartlett, creadora da inspectora Petra Delicado.

A novela baseada no personaxe real de Teresa Plà Meseguer, unha maquis coñecida como "La Pastora" ou "Fulgencio", narra a historia dun psiquiatra e un periodista que buscan á bandoleira que se agocha nas montañas.

Conta a lenda que Teresa Plà naceu cunha malformación, o que dificultou nun primeiro momento a súa identificación sexual, aínda que logo foi rexistrada como nena, e que se uniu aos maquis, tal vez máis por vinganza que por convicción ideolóxica, despois de sufrir unha humillación por parte da Garda Civil.

Escoitade as primeiras palabras da gañadora:

06/01/11

50 ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO

En primeiro lugar FELIZ ANO A TOD@S!!!
Iniciamos o ano cunha celebración que nos cae moi de preto, os 50 anos de Memorias dun neno labrego, un libro fundacional da narrativa infantil e xuvenil galega, editado en B. Aires o 5 de xaneiro de 1961. Quen lle ía dicir a Neira Vilas que o xénero que acababa de inaugurar en galego acadaría un desenvolvemento tan importante na nosa lingua.

Memorias dun neno labrego é o libro máis lido e máis traducido ata este momento na literatura galega. E aínda que hoxe o prototipo de neno galego xa non é rural senón urbano, continúa a ser unha obra de referencia para que os rapaces das vilas e cidades de Galicia coñezan como vivían os seus avós ou os seus pais hai tan só 50 ou 60 anos nesas aldeas abandonadas ás que se cadra van pasar dous ou tres días nas vacacións.

O protagonista destas memorias chámase Balbino, e comeza presentándose así:

"EU SON...

BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, probe. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.
No vrao ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha pra espetárseme nos pés. Ergome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañán, pra ir co gando, restrevar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muiños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras pra encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sin tentos.
¡Qué saben desto os nenos da vila!
Eles iñoran o que eu penso mentras boto ó corpo un gurruncho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un pantasma bretemoso en cada árbore. [...]
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terras que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero agora síntoa pequena, estreita. [...] Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por eso escribo. [...]
Son Balbino. Un rapaz de aldea. Un ninguén."

SE AÍNDA NON COÑECEDES AS MEMORIAS DE BALBINO É O MOMENTO DE COÑECELAS. SEGURO QUE NON VOS DEIXARÁN INDIFERENTES.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER