A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


29/11/12

CABALLERO BONALD: PREMIO CERVANTES 2012

 
Acaban de conceder outro premio literario no día de hoxe, o Premio Cervantes 2012 a José Manuel Caballero Bonald. Aquí o enlace para acceder a toda a información sobre o premiado e o premio no xornal EL PAÍS.

28/11/12

SEMANA DE HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Xa temos as datas para conmemorar o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Será a semana do 17 ao 21 de decembro, a última do trimestre. O acto será na biblioteca todos os días desa semana de 10.30 a 12.10, e así o repetiremos dez veces para que poidades participar todos os grupos de ESO e Bacharelato. Veredes unha breve presentación que estamos preparando, pero tamén participaredes lendo algúns dos seus poemas, e nós gravarémolo todo en vídeo.
 


















Os titores serán os que nos axuden a ensaiar para que todo saia perfecto.

Mentres chega a homenaxe, xa podedes pedir en préstamo un libro deste autor para ir lendo os seus magníficos poemas. Seguro que vos gustan.
E, por último, botádelle un ollo a este vídeo no que uns alumnos da área de galego do Instituto Español Cañada Blanch en Londres difunden un poema de Celso Emilio, é moi interesante, desde arquivos agradecémoslles o traballo.

 

27/11/12

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS: FRANCISCO RODRÍGUEZ ADRADOS


Acaba de ser fallado estes días o Premio Nacional de las Letras Españolas 2012. Este ano foi galardonado o catedrático de Filoloxía Grega, lingüista e tradutor, D. Francisco Rodríguez Adrados pola súa obra científica recoñecida mundialmente, tanto no campo da Lingüística en xeral, e indoeuropea en particular, como no campo do ensaio literario.  Podedes ler toda a información neste enlace: FRANCISCO RODRÍGUEZ ADRADOS
Pero en Arquivos queremos destacar que o profesor Rodríguez Adrados é ao mesmo tempo unha das voces máis autorizadas en Europa como defensor das Humanidades clásicas. Os anos nos que foi Presidente da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) encabezou todas as reivindicacións ante as autoridades en favor dos estudos do Grego e do Latín no Bacharelato, así como da Cultura Clásica na ESO. Nunca escatimou tempo nin enerxía en loitar pola presenza que estas materias se merecen no ensino secundario e no bacharelato, levando a cabo importantes campañas na prensa e ante os políticos e  intelectuais máis destacados do país.
Mágoa que cando damos un paso cara adiante, acto seguido demos dous cara atrás: a nova lei de Educación que se quere aprobar é de novo un paso atrás para os estudos clásicos. De novo, profesor Adrados, teremos que redactar escritos, recoller sinaturas, en fin, de novo debemos loitar contra corrente, pero xa estamos afeitos.
¡Noraboa polo premio! Estou segura que o cambiaría pola continuidade, por exemplo, da Cultura Clásica na ESO na nova lei.

25/11/12

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero. En arquivos preguntámonos cómo é posible que un home se crea con dereito a exercer a violencia contra súa muller polo feito de selo; cómo é posible que un ser humano se crea con dereito a someter a outro á forza. Se é verdade que somos seres racionais, NON SE ENTENDE.
Sirva esta curta sobre a violencia de xénero para que todos meditemos e consigamos poñer freo a tanta loucura. 



A película, Te doy mis ojos, é xa imprescindible á hora de tratar o tema. Neste enlace podedes atopar a ficha e un comentario sobre ela.

Neste outro enlace hai material didáctico sobre a película por se a queredes traballar nas titorías.


23/11/12

HOMENAXE



Hoxe celebramos a xubilación da nosa compañeira Carmen. Só pasou dous anos con nós pero estaba totalmente integrada no centro. Despedímola cunha mestura de alegría e tristeza, algo xa frecuente neste tipo de despedidas. Pero queremos dicirlle que xa sabe onde quedamos, que nos gustaría que viñese de cando en vez a tomar un cafetiño e charlar un pouco e, de paso, que nos compadeza porque veñen tempos moi complicados.
Ata entón, un bico moi forte e este recordo para que non nos esqueza.

18/11/12

EN DEFENSA DUNHA BIBLIOTECA

Fai un ano Rosa Montero publicou este artigo en EL PAÍS no que destacaba como boa noticia nestes tempos tan revoltos as movilizacións dos veciños do Zaidín (distrito popular e modesto de Granada) en defensa da súa biblioteca. Finalmente os libros foron desaloxados á forza da biblioteca pero non sen a resistencia dos veciños que seguen a loitar polo que consideran que é un oprobio. Como di a escritora "mentres haxa xente así, haberá futuro".

15/11/12

É a Cultura Clásica unha mercadoría?

Para nós NON, para os gobernantes SI, ou polo menos iso parece, e a materia de GREGO nin che conto. A LOMCE (¡xa está ben de siglas!), a nova Lei Educativa, pretende suprimir a materia de Cultura Clásica na ESO e relegar o Grego a materia optativa, mesmo no bacharelato de humanidades. Cada vez comprendo menos este mundo!
Para defender a permanencia destas materias, xorde unha iniciativa que consiste en escribir o próximo xoves 15 de novembro un tweet en latin ou grego engadindo o hashtag #pipiatioclassica. Ou esta outra que consiste nunha lectura conxunta dos clásicos gregos e latinos o día 12 do 12 do 2012 ás 12 a.m. Desta última iniciativa volveremos a falar máis adiante. Agora compre pedirvos a todos os que creades que a Cultura Clásica non debe desaparecer da ESO, nin o Grego quedar como optativo no Bacharelato de Humanidades, que este xoves enviedes o tweet mencionado máis arriba. E para que non teñades a disculpa de "eu non sei poñer nada en latin nin en grego", aqui tedes algunhas ideas:
Errare humanum est
Γνῶθι σεαυτόν
Omnia vincit Amor
Σκιᾶς ὄναρ ἄνθρωπος
Ave, Caesar, morituri te salutant!
Ἄνθρωπός πολιτικὸν ζῷον
Verba volant, scripta manent
Μνδὲν ἄγαν
Sic tibi terra levis sit!
Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληϊάδεω Ἀχιλλῆος
 
Xa podo adiantar que o meu tweet en latín será Quosque tandem, Catilina, abutere patientia nostra? Cambiarei o nome de Catilina por outro, claro está. E o tweet en grego será Εἴ τι καλὸν μανθάνουσιν οἱ νεανίαι ἐν τῇ ψυχῇ αὐτὸ φυλάττουσιν (=se os mozos aprenden algo fermoso gárdano na alma), chego a pensar
 que é iso o que non queren "que a xente nova aprenda cousas fermosas".
 


VIDEO PROMOCIONAL DE LA INICIATIVA DE AMUPROLAG Y SEEC MURCIA #yoconozcomiherencia

Para terminar un pouco de humor

chiste sin pie de foto

10/11/12

É UN LIBRO!

Non é unha cousa rara... Non envía mensaxes, pero as ten... Non bloguea nin tuitea... Non necesita ter conexión inalámbrica... podes usalo en calquer lugar... É (simplemente) un libro... pero ten tanto dentro... so abre un...
 
Video "É UN LIBRO" (+subtitulos en castelán):

Versión inglesa desta entrada @ ClickOnEnglish.


09/11/12

LAURA GALLEGO: PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2012


















Laura Gallego, acaba de ser premiada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012 pola novela Donde los árboles cantan. Trátase dunha novela épica que se sitúa dentro do xénero fantástico, como a meirande parte da súa produción. Esta obra xa foi número un de ventas o ano pasado. Neste enlace podedes ler un capítulo.

Lembramos que esta autora comezou a súa carreira con obras como Finis Mundi ou La leyenda del rey errante, e conta coa saga Memorias de Idhún e unha trintena de títulos máis. Unha das creadoras con máis éxito no momento actual.
Se tes curiosidade, pregunta na biblioteca e deixarémosche en préstamo a obra premiada ou a saga Memorias de Idhún.

06/11/12

CELSO EMILIO FERREIRO

No mes de decembro a biblioteca adicará as súas actividades á figura do escritor galego Celso Emilio Ferreiro con motivo do centenario do seu nacemento. Por iso traemos aqui O meu primeiro Celso Emilio, un libro-disco editado por Xerais no que se recolle unha escolma de poemas do autor, en total 28 poemas. Oito deses poemas cobran nova vida musicados e cantados por María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra. Unha obra, pois, moi interesante que fai confluír poesía e música na mesma publicación.
A continuación, e para ir facendo boca, deixámosvos con este vídeo filmado durante a gravación e que recolle as impresións dos participantes.


"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (119) actualidade (41) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (52) baile (4) bibliotecas (73) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (83) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (82) efemérides (171) encontros con escritores (14) enlaces (250) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (42) Gastronomía (1) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (53) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (44) MUSE (1) música (50) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (44) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (123) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER