28/04/13

CAMIÑO DE SANTIAGO













O departamento de relixión traballou cos seus alumnos "O camiño de Santiago", aportando este power-point para a Semana Cultural.

SEMANA CULTURAL 2013: ARTE ROMÁNICA GALEGA













O departamento de debuxo traballou cos seus alumnos a Igrexa de Santiago de A Coruña e o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, aportando este power-point que debedes ver con atención para aprender e contestar ás preguntas do noso xogo.

SEMANA CULTURAL 2013: PATRIMONIO GALEGO-PRESENTACIÓN II













Presentación sobre o patrimonio medieval e posterior (M.M.2) elaborado cos traballos realizados polos alumnos e os departamentos de música, latín, galego e inglés.


SEMANA CULTURAL 2013: GALICIAN HERITAGE, THE SLIDE














O Departamento de Inglés preparou para esta IV Semana Cultural, unha exposición utilizando os pósters que publicou un periódico local con pequenas descipcións en inglés e galego dos diferentes lugares tanto artístico-monumentais como naturais que mostraban. Esa exposición ampliouse con máis lugares para una entrada no blog de inglés ClickOnEnglish, xunto con un cuestionario. Algunhas desas preguntas (as referidas a espazos naturais) aparecerán no xogo que se fará ao longo da semana cultural, na que participan o alumnado de 2ºESO.
Hoxe incluimos de novo a exposición completa do Departamento de Inglés en versión slide.

Slide "GALICIAN HERITAGE":


27/04/13

SEMANA CULTURAL 2013: PATRIMONIO GALEGO - PRESENTACIÓN I


Aquis Querquennis, campamento romano en Baños de Bande

















Aquí tedes a presentación sobre o patrimonio prerromano e romano galego (M.M.1). Houbo que cambiar a música para poder compartila públicamente, non queda igual de ben que coa música galega escollida pero...o importante é que todos poidades ver esta presentación cantas veces queirades, sobre todo os alumnos de 2º de ESO para prepararse para o xogo.
Moita sorte aos xogadores e esperamos que todos aprendamos moito do noso patrimonio cultural e natural para amalo e, polo tanto, coidalo, porque "un pobo fala tamén a través do seu patrimonio".

Presentación I: Patrimonio Prerromano e Romano Galego:

24/04/13

HORARIO DA SEMANA CULTURAL








Este é o horario definitivo das actividades que se van a desenvolver no centro ao longo da semana que vén:
Luns 29 ABRIL
Martes 30 ABRIL
Xoves 2 MAIO
Venres 3 MAIO
8.30/9.20
9.20/10.10
M.M.(2)+Teledieste
1º RECREO
Gaiteiro/acordeonista
Heracles e Xerión
Baile alumnos
10.30/11.20
M.M. (1)+teledieste (45´)-música alumnos
M.M.(2)+teledieste
M.M.(2)+Teledieste
lectura de  
lendas
11.20/12.10
M.M. (2)+teledieste (45´)-música alumnos
M.M.(2)+teledieste
M.M.(1)+teledieste
Heracles
/Teledieste
2º RECREO
Xogo (para S2º)
Xogo (semifinal)
xogo (final)
12.30/13.20
M.M. (1)+teledieste (45´)
M.M.(1)+teledieste
Heracles+
Telediste
Proxección película
The Way
13.20/14.10
M.M.(1)+teledieste
Degustación gastronómica
16.30/17.20
17.20/18.10
As 17.30 coral
polifónica





















Actividades no patio central

Actividades na biblioteca


Actividades no Salón de actos


Actividade na cafetería??



Na biblioteca haberá exposicións:
- dun traxe rexional,
- cerámicas populares galegas,
 e outros obxectos.


No patio central haberá exposicións:
- ilustracións do códice Calixtino,
- plantas e alzados da Igrexa de Santiago (A Coruña) e a Igrexa Sta María A Nova (Noia),
- paneis cos lugares patrimoniais galegos máis emblemáticos,
- lendas tradicionais,
- a Torre de Hércules,
- o Pórtico da Gloria,
- maquetas de pontes,
e unha selección das mellores fotos das excursións que fixemos.


Nos recreos, coma sempre, haberá:
- diversas actuacións musicais, teatrais, de baile, etc.
Este ano os alumnos de 2º de ESO participarán nun xogo sobre o patrimonio. Por iso, esta semana están a baixar á biblioteca para ver as presentacións dos traballos, que todos os demais veredes a semana que vén.


Para asistir ás actividades da biblioteca (as de cor azul) é necesario anotarse no horario baleiro que está exposto no taboleiro da sala de profesores, xusto debaixo do das actividades, tendo en conta o horario de actividades previstas e o aforo da biblio (só caben dous grupos completos, c. 45 alumnos). Se acudides con grupos partidos, por favor poñede entre paréntese o nº de alumnos para poder organizar.


Para que poidades saber a qué actividade vos interesa anotarvos, esta é a explicación das abreviaturas.


  • M.M. (1)= presentación sobre o patrimonio prerromano e romano galego
Departamentos participantes: historia, galego, grego, tecnoloxía e matemáticas.


  • M.M. (2)= presentación sobre o patrimonio de época medieval e posterior
Departamentos participantes: debuxo, música, latín, relixión, galego, inglés e francés.


  • Teledieste: programa televisivo sobre as murallas de Lugo gravado na biblioteca e en directo.
Departamento de grego, alumnos de Cuca de 4ºA-B


  • Lectura de lendas tradicionais galegas.
Departamento de galego, alumnos de galego de 2º ESO


  • Heracles: escenificación do enfrontamento entre Heracles e Xerión
Departamento de grego, alumnos de Cuca de 3ºA-D

Para as actividades no salón de actos (as de cor verde) hai que falar coa Vicedirectora, pero tede en conta que non entran máis de catro cursos.

E agora só queda ultimar detalles e....PREPARADOS, LISTOS...

SEMANA CULTURAL 2013: GALICIA E BRETAÑA, PATRIMONIO COMPARTIDO



Dentro da IV Semana Cultural do IES "Rafael Dieste": "O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO CULTURAL", o Departamento de Francés preparou xunto cos seus alumnos unha presentación sobre as similitudes entre Galicia e Bretaña (francés Bretagne, e bretón Breizh). As dúas rexións e o seu patrimonio cultural compartido.



SEMANA CULTURAL 2013: "O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO CULTURAL"


Presentamos o noso cartel anunciador da IV Semana Cultural do IES "Rafael Dieste":
"O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO CULTURAL" 

23/04/13

ATA ONDE VOS PODE LEVAR UN LIBRO? (DÍA DO LIBRO 2013)


QUÉ LIBRO VOS ABRIU UN DÍA OS OLLOS, VOS LEVOU UN POUCO MÁIS LONXE DE DONDE ESTABADES?

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.

Día do Libro: "SÓ UN LIBRO"


No Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasállanos a todas as Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que pon en valor as potencialidades do libro para atraer e seducir as lectoras e os lectores, mesmo a aqueles que de principio non están especialmente motivados pola lectura.
O  "monólogo" comeza así:


Non sei que facer.



Miña irmá regaloume un libro.

Un libro.

Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.

Un libro

Por que?

Que lle fixen eu?

22/04/13

"THE ORCHESTRA": un traballo do alumnado de 2ºESO Bilingüe


Incluímos hoxe un traballo feito polo alumnado de 2ºESO na asignatura de música en inglés sobre a composición da orquesta e os diferentes instrumentos.


11/04/13

CANAL LECTOR


Durante o mes de marzo púxose en funcionamento CANAL LECTOR, o novo portal da Fundación Germán Sánchez Ruipérez en internet adicado á lectura para os mozos.

Esta iniciativa ofrece un conxunto de recursos para os profesionais que
traballan coa lectura de nenos e mozos en lingua española. Profesores,
bibliotecarios, promotores de lectura, libreiros, escritores, ilustradores,
editores e todos os interesados en fomentar a lectura da xuventude
dispoñen a partir dese momento do primeiro portal en internet orientado á
globalidade do espazo de fala castelá.

O obxectivo de Canal Lector é servir de vía de comunicación para os
profesionais españois e dos países americanos que comparten a lingua
nun momento no que é crucial poñer ideas en común e construir
coñecimento a partir do debate.

Nese sentido, un elemento fundamental é que a selección de libros e de
contidos se realiza conxuntamente entre a Fundación (para os libros
editados en España), Ibby México/ A Leer (libros mexicanos) e Bibliotecas
Escolares de Chile CRA (libros chilenos) e Banco del Libro (libros
venezolanos). Esta é a primeira vez que se elabora un producto dixital
con este alcance global no terreno da lectura e está previsto chegar
a acordos con socios doutros países para completar a visión da
oferta do máximo posible de editores.

Canal Lector incorpora dez anos de experiencia da Fundación co
Servicio de Orientación de Lectura (SOL) e aproveita gran parte da súa
información e do patrimonio de contidos que foi xerando cos seus
equipos de especialistas.

Unha peza fundamental de Canal Lector é a participación, e por iso
diseñouse para que os usuarios poidan valorar os libros e publicar ás súas
propias reseñas en función dos seus propios criterios ou propoñer exemplos de
actividades. Con este paso a Fundación e os seus socios emprenden o camiño
para xerar unha comunidade iberoamericana de profesionais da lectura.

O novo portal púxose en marcha coa colaboración financieira do
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través da dirección
xeral de Política, Industrias Culturais e do Libro e da Federación
de Gremios de Editores de España. 


09/04/13

ADEUS A JOSÉ LUÍS SAMPEDRO



O pasado 1 de marzo mencionábamos aquí a José Luís Sampedro ao comentar a morte de Stéphane Hessel. Hoxe volvemos a mencionalo, porque, lamentablemente, o pasado domingo nos deixou el, ainda que foi hoxe cando se fixo pública a noticia. Aquí deixamos enlaces a informacións sobre José Luís.

1) A súa biografía: José Luís Sampedro na Wikipedia.



E un video sobre una das súas últimas aparición públicas con Iñaki Gabilondo:



06/04/13

PREPARANDO A SEMANA CULTURAL SOBRE O PATRIMONIO GALEGO

Xa andamos todos metidos en faena, ultimando traballos e dispoñendo actividades. Uns andades coa música galega, outros coas igrexas románicas, a catedral ou o camiño de Santiago, a Torre de Hércules ou a muralla de Lugo; algúns andades a reunir lendas, a mirar o patrimonio desde a óptica matemática ou a ensaiar o combate de Heracles e Xerión. En fin, moito traballo, mais o traballo ben feito da moita satisfacción.
Este cartel pode resumir no que andamos estes días.


02/04/13

O FUTURO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Incluimos un enlace de bibliotecaescolar.info a un artigo que aborda o futuro das bibliotecas escolares como unha ferramenta educativa e un recurso para  o desenrolo das prácticas lectoras e habilidades intelectuais.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER