25/06/13

PLAN ANUAL DE LECTURA

Estamos a elaborar o PLAN ANUAL DE LECTURA que, como xa sabedes, é a revisión e reflexión anual que cómpre facer a finais de curso sobre o Proxecto Lector. Un dos aspectos que este curso queremos mellorar é a integración dos recursos da biblioteca nos curriculos das diferentes materias. Para iso vimos elaborando ao longo deste último trimestre os seguintes listados de fondos que cremos poden ser importantes para ter en conta á hora de elixir as lecturas obligatorias e ás d´A Hora de Ler:

-listado de fondos de Literatura galega ou en galego dos que hai cinco exemplares ou máis/listado de fondos de Literatura española ou en español dos que hai cinco exemplares ou máis

-libros de literatura xuvenil galega ou en galego dos que hai cinco exemplares ou máis/libros de literatura xuvenil española ou en español dos que hai cinco exemplares ou máis

-listado de películas por orde alfabética

-listado de películas por xénero

-listado de películas por nº de rexistro

-mapa topográfico de DVDs na biblioteca

Estes listados foron compartidos con todos vós en google drive para que os poidades consultar e comentar sempre que queirades. Entregaremos tamén unha copia en papel a cada departamento na última CCP de curso. O obxectivo é que os profesores coñezamos os recursos que temos ao noso alcance para  aproveitalos e difundilos entre o alumnado.

21/06/13

BIBLIOTECA "RAFAEL DIESTE": AS NOSAS SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 2013


Aquí tedes as nosas suxestións para o verán 2013 dende a Biblioteca do IES "Rafael Dieste". Hai de todo: música, cine, libros, comics...

APLICACIÓN DE MÓBILES PARA ACCEDER A EQUIPAMENTOS E RECURSOS CULTURAIS GALEGOS



O Consello da Cultura presentou LEME, aplicación gratuíta e aberta para móbiles, con acceso aos equipamentos e recursos culturais galegos: ENLACE

20/06/13

XEOMETRÍA E ARTE



Este traballo foi realizado nas titorías polos alumnos de 4º de ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, coordinado polos departamentos de matemáticas e debuxo e pola biblioteca: VÉDEO NESTE ENLACE: XEOMETRÍA E ARTE

18/06/13

CONCURSO CULTURA CLÁSICA 2013

Hai uns días celebrouse no noso centro o XII CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA no que participamos xunto ao Colexio Liceo La Paz, o IES Monelos e o Colexio Calasancias, todos eles da cidade. Na categoría de 3º de ESO resultou gañador o noso alumno JOSÉ JUAN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ de 3ºA, a quen queremos felicitar moi especialmente pola súa brillante participación. Na categoría de 4º de ESO acadou o segundo lugar a nosa alumna de 4ºB CARMEN RODRÍGUEZ GÓMEZ que loitou por gañar ata o final (houbo que facer tres desempates). 
NORABOA A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!



17/06/13

"FAMILIAS LECTORAS": FOMENTO DA LECTURA DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Compartimos hoxe unha páxina web "FAMILIAS LECTORAS" da Junta de Andalucía dende a que se abren as portas á cooperación entre escola e familias para favorecer o hábito lector dos rapaces e adolescentes.

16/06/13

BÚSQUEDA NA REDE

Queremos emprender o curso que vén un proxecto de educación documental e alfabetización informacional, coordinado desde a biblioteca, que sirva de axuda ao noso alumnado á hora de facer un traballo e moverse pola rede. Por iso estamos comezando a recoller traballos interesantes feitos noutros centros, e reuníndoos no apartado "formación de usuarios". Esperamos que vos sexa de utilidade.

13/06/13

AS BIBLIOTECAS DAN CALOR

Incluimos hoxe un artigo de prensa aparecido no xornal "El País" sobre o papel das bibliotecas nesta sociedade actual en crise. Picade no enlace: El País.


“No hai ningunha institución que dé tanto calor”, di a directora dunha biblioteca.

07/06/13

ESTATÍSTICA DOS CLUBS DE LECTURA GALEGOS: OS LIBROS MÁIS LIDOS


Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares envíannos esta estatística que nos parece importante compartir con todo vós. Trátase dos 25 libros máis lidos nos clubs de lectura dos centros escolares galegos.

OS 25TÍTULOS MÁIS LIDOS NOS CLUBS DE LECTURA DURANTE O CURSO 2012/2013
Autor
Título
Idioma
Nº de clubs
Villar, Domingo
A praia dos afogados
G
13
Neira Vilas, Xosé
Memorias dun neno labrego
G
12
Roca, Paco
Enrugas
G
11
Collins, Suzanne
Los juegos del hambre
C
11
Haddon, Mark
 El curioso incidente del perro medianoche
C
10
Boyne, J
El niño con el pijama de rayas
C
9
Fernández Paz, Agustín
Non hai noite tan longa
G
9
Castelao
Cousas
G
8
Gallego, Laura
Donde los árboles cantan
C
8
Muñoz Singala
O achado do castro
G
8
Lienas, Gema
O diario violeta de Carlota
G
8
Moure, Gonzalo
Palabras de caramelo
C
8
Satrapa, Marjani
Persépolis
C
8
Vasconcelos, J. Mario de
A miña planta de laranxa lima
G
7
Docampo, Xabier P.
Cando petan na porta pola noite
G
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de inverno
G
7
Castro, Fran
Chamádeme Simbad
G
7
Christie, Agatha
Diez negritos
C
7
Fernández Paz, Agustín
Cartas de invierno
G
7
Emmanuel Schimitt
El señor Ibrahim y las flores del Corán
C
7
Claudel, Philippe
La nieta del señor Linh
C
7
Spiegelman, Art
Maus
C
7
Calveiro, Marcos
O pintor do sombreiro de malvas
G
7
Villar, Domingo
Ollos de auga
G
7
Alonso, Fran
Poetízate
C
7

06/06/13

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2013: ANTONIO MUÑOZ MOLINA


O escritor Antonio Muñoz Molina (Úbeda, Xaén 10 xaneiro 1956)  ven de gañar o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2013. É tamén membro da Real Academia Española dende 1996, donde ocupa o sillón U.
O xurado destacou a fondura e a brilantez con que ten narrado fragmentos relevantes da historia do seu país, episodios cruciais do mundo contemporáneo e aspectos significativos da súa experiencia persoal. Unha obra que asume admirablemente a condición do intelectual comprometido co seu tempo.

A súa bibliografía inclúe:
NOVELA
• Beatus Ille, Seix Barral, 1986
• El invierno en Lisboa, Seix Barral, 1987
• Beltenebros, Seix Barral, 1989
• El jinete polaco, Planeta, 1991
• Los misterios de Madrid, Seix Barral, 1992
• El dueño del secreto, novela corta, Seix Barral, 1994
• Ardor guerrero, Alfaguara, 1995
• Plenilunio, Alfaguara, 1997
• Carlota Fainberg, novela corta, Alfaguara, 1999
• En ausencia de Blanca, novela corta, Alfaguara, 2001
• Sefarad, Alfaguara, 2001
• Ventanas de Manhattan (diarios), Seix Barral, 2004
• El viento de la Luna, Seix Barral, 2006
• La noche de los tiempos, Seix Barral, 2009

RELATOS
• Las otras vidas, 4 cuentos, Mondadori, 1988.
• Nada del otro mundo, Espasa Calpe, 1993

ENSAYO
• Córdoba de los Omeyas, Planeta, 1991
• La verdad de la ficción, Renacimiento, 1992
• Pura alegría, Alfaguara, 1998
• El atrevimiento de mirar, 9 textos sobre siete pintores y un fotógrafo, Galaxia Gutenberg, 2012
• Todo lo que era sólido, Seix Barral, 2013

Enlace a máis información sobre ANTONIO MUÑOZ MOLINA.

03/06/13

DEFENDENDO A PÚBLICA

Dous alumnos de 2ºESO dun instituto da Comunidade de Madrid fixeron este video, outro máis, para defender a educación pública no marco da asignatura de Educación para a Cidadanía.

Video "DEFIENDE LA PÚBLICA":


ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER