A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


29/09/13

PROTOINDOEUROPEO: CÓMO PODERÍA TER SOADO


Soarían así os nosos antepasados europeos?
O lingüista profesor Andrew Byrd ven de tratar de reconstruir con grabacións propias a lingua Protoindoeuropea. A lingua que os nosos ancestros en Europa estarían a falar entre os anos 4.500 e 2.500 A.C.
Toda a información neste enlace a The Huffington Post en castelán.

Escoitade aquí come podería ter soado:

Aquí a transcrpción fonética:

Aquí a traducción do fragmento ao galego:
Unha ovella que non tiña la viu cabalos, un deles arrastraba unha pesada carreta, outro cargaba unha gran carga e outro cabalgaba rápidamente cun xinete. A ovella lle dixo aos cabalos: «Dóeme o corazón vendo un home manexando cabalos». Os caballos dixeron: «Escoita, ovella: os nosos corazóns dóennos cando vemos isto: un home, o amo, convirte a la dunha ovella en roupa abrigada para sí mesmo. E a ovella non ten la». Ao oír isto, a ovella fuxíu á pradeira.


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

A PUBLICIDADE HOXE

A Academia da Publicidade felicita á Real Academia da Lingua Española polos seus trescentos anos de existencia con este anuncio:  


QUE VOS PARECE?

28/09/13

OINK!


Unha revista para os máis novos que ten o Xabarín da TVG como protagonista. Esta é a proposta de Oink! A revista do Xabarín Club, que se presentou no marco de Viñetas desde o Atlántico, na Coruña o pasado verán. A publicación ten periodicidade mensual. Entre os contidos que anuncia hai banda deseñada e contidos sobre arte, historia, ciencia, deportes ou actualidade. Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto e Chinto son os autores que achegan as súas historias ao proxecto. A empresa Agalip é a responsable desta nova iniciativa.

27/09/13

15 ANOS DE GOOGLE


Hoxe celébrase o quince aniversario de Google. Setembro marca 15 anos dende que os licenciados Larry Page e Sergey Brin montaron unha pequena páxina web nun garaxe de Silicon Valley (California), que se convirtiu no buscador de internet máis grande do mundo.
Orixinalmente o sitio chamábase BackRub, pero mudou a Google en 1997, que ven sendo un erro ortográfico da palabra googol que é o termo para o número un seguido de sen ceros.
Hai un pouco de confusión sobre cando é o aniversario oficial de Google. Informacións din que os primeiros documentos da compañía datan do 4 de setembro de 1998. A compañía lanzouse tres días depois e o dominio rexistrouse o 15 de setembro.
Non obstante, Google celebra agora o aniversario oficialmente cun "doodle" interactivo cada 27 de setembro.
O sitio é agora o buscador número un do mundo e o seu nome convirtiuse en sinónimo de buscar. De feito, en inglés "google" é o verbo que significa buscar en internet.
Debaixo o video do "doodle" animado interactivo que Google creou para celebrar o día.
(Información de MailOnLine)

Video "doodle" de Google do 15 aniversario:


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

26/09/13

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS 2013


O  Día Europeo das Linguas celebrase hoxe, 26 de setembro, tal e como foi proclamado polo Consello de Europa, o 6 de decembro do 2011, ao remate do Ano Europeo das Linguas (2001), que se organizou conxuntamente polo Consello de Europa e a Unión Europea. O seu obxectivo é promocionar a aprendizaxe das linguas en toda Europa.

   Os obxectivos xerais deste Día Europeo das Linguas son:
  • concienciar á xente da importancia da aprender idiomas e diversificar a gama de linguas que se aprenden para aumentar o plurilingüismo e o entendimento intercultural.
  • promocionar a rica diversidade lingüística e cultural de Europa.
  • animar á aprendizaxe das linguas ao longo de toda a vida dentro e fora do sistema escolar.
Cumprindo estes obxectivos, anímase á xente de todas as idades a estudiar un idioma ou a sentirse orgulloso das propias habilidades lingüísticas de cada un. Tamén se anima aos responsables en proporcionar o acceso á aprendizaxe de linguas, a facilitar que a xente aprenda unha ampla variedade de linguas e a apoiar iniciativas políticas que promocionen  as linguas.

Hai aproximadamente 225 linguas vernáculas en Europa -casi o 3% do total do mundo. A maioria das linguas europeas son de orixe indoeuropea. Dende finais do século XVIII, o idioma máis extendido de Europa (tanto xeográficamente como polo número de falantes) foi o ruso, que substituiu ao francés. Contando só falantes nativos, aproximadamente 150 millóns de europeos falan ruso diariamente, seguidos polo alemán (aprox. 95m), o turco (aprox. 80m), o inglés e o francés (65m cada un), o italiano (60m), o castelán e o polaco (40m cada un), o ucraniano (30m) e o rumano (26m). En canto á aprendizaxe de linguas estranxeiras, o inglés é a lingua estranxeira mais popular en Europa, seguido polo alemán, o francés, o italiano, o ruso e o castelán.

  

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

25/09/13

DOUS LIBROS GALEGOS CON OPCIÓN A HONRA


Segundo informa culturagalega.org, a Lista de Honra de IBBY é como a xoia da coroa da litertura creada e pensada para os máis pequenos que se distribúe nas principais feiras do libro do mundo. Cada dous anos incorpora novos títulos, a través de propostas que, no caso español, fai a organización española do libro infantil e xuvenil (OEPLI). 
Na escolma de nove títulos propostos por esta entidade neste 2013 hai dúas referencias galegas: dunha banda Palabras de auga (Xerais) de Marcos Calveiro e da outra Contos por teléfono (Kalandraka), a tradución ao galego que Carlos Acevedo fixo da obra de Gianni Rodari e que recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo en 2011.

RECOMENDACIÓN: "O SR. PENUMBRA E A SÚA LIBRARÍA ABERTA 24 HORAS"



Unha recomendación de lectura: "EL Sr. PENÚMBRA Y SU LIBRERÍA 24 HORAS ABIERTA". 
É unha novela escrita por Robin Sloan, quen creceu cerca de Detroit e foi á escola cerca en Michigan. Agora reparte o seu tempo entre San Francisco e internet. É escritor e inventor de medios dixitais e perteneceu ao equipo que creou Twitter.

Enlaces con información sobre o libro:
- EL Sr PENUMBRA... (RESEÑA).



23/09/13

HOMENAXE A ÁLVARO MUTIS



Hoxe morreu o escritor colombiano Álvaro Mutis. Nacido en Bogotá (Colombia) o 23 de agosto de 1923, morreu na Cidade de México, país onde se exiliou en 1954, tendo vivido e estudiado antes en Bélxica, onde viviu dende 1925 ata que cumpliu 9 anos.
É considerado un dos escritores hispanoamericanos contemporáneos máis importantes. Recibiu ao longo da súa carreira literaria moitos premios, entre eles:  
Premio Cervantes en 2001 e 

Algunhas frases súas:
“A morte comeza no instante que naces, acompáñanos sempre”


“Facer un bó poema é como facer unha carambola”

A noticia na prensa: EL PAÍS.
A súa biografía: Álvaro Mutis @ WIKIPEDIA.
¿Por qué hai que ler a Álvaro Mutis?

YERMA NA CORUÑA



O teatro Colón da Coruña vibrou ata os alicerces esta fin de semana coa representación de Yerma, unha desas obras que se actualiza con cada representación e que sempre desexas volver a ver outra vez.
Estreada por primeira vez o 29 de decembro de 1934 no Teatro Español de Madrid protagonizada por Margarita Xirgu, Yerma, a muller que desexa ser nai por enriba de todas as cousas e está condenada non só a non conseguilo senón tamén a ser vítima do machismo do seu home, foi representada centos de veces. Lorca pon aquí de relevo o máis primitivo das paixóns humanas botando man das esencias máis profundas da súa Andalucía natal. E á mestría de Lorca para mesturar o universal co local, o culto co popular, a lírica coa prosa, coa fin de chegar a todos, únese neste caso a do director Miguel Narros para captar o mundo lorquiano e facérnolo chegar o máis puro posible, sen manipulacións.
A Yerma de Miguel Narros é unha obra coral, como a concebiu Lorca, na que a protagonista sae reforzada co protagonismo que adquiren os personaxes secundarios, pezas clave para comprender en toda a súa amplitude o drama que está a vivir a protagonista principal. Como a de Lorca, a Yerma de Miguel Narros é unha obra sobria e austera, porque como el mesmo deixou dito, quixo volver " á esencia da obra: o drama dunha muller que cre que naceu fértil e non consegue ser nai. E tamén o drama da terra na que vive, na Andalucía máis árida, mal repartida e mal cultivada, que ten que soportar longos periodos de sequía."
En Yerma a simboloxía adquire unha importancia fundamental, e iso ponse de relevo a través da palabra, pero tamén da escenografía, da posta en escena, da luz...: os contrastes entre as escenas interiores escuras, estáticas e opresivas e as exteriores luminosas, dinámicas e alegres, ata a escena final, na que tamén o exterior se contamina da traxedia de Yerma; a brancura das sabas das lavandeiras fronte ao negro das roupas das cuñadas de Yerma; a presenza da auga, símbolo de fertilidade, imperceptible ao comezo para os espectadores, agochada na acequia construída no piso do escenario, que vai tomando protagonismo in crescendo ata facerse dona do escenario dun xeito espectacular no mesmo momento en que o desexo de Yerma de ser nai comeza a ser loucura; a presenza do telúrico, o lume da paixón, o aire da liberdade... E todo envolto na música de Enrique Morente e a voz da súa filla Estrella.
Poucas veces unha Yerma foi tan lorquiana: as palabras, a escenografía, a musica, o saber dicir dos actores e actrices... EXCEPCIONAL, MARABILLOSA!  

19/09/13

SUXESTIÓN DE LECTURA PARA OS ALUMNOS DE BACH.

Agora que aínda estamos a comezar o curso e non temos enriba os apuros e os nervios de exames e traballos é o momento ideal para ir collendo o ritmo coa lectura de libros interesantes e, á vez, amenos. Este é o caso da novela El lector de Julio Verne de Almudena Grandes, un libro que, estou segura, vos namorará dende a primeira páxina.

El lector de Julio Verne é o segundo libro da serie “Episodios de una guerra interminable”, que se inicia con Inés y la alegría, na que a autora nos conta episodios da Historia de España da segunda metade do século XX dunha forma sinxela e entretida. Nesta obra son os ollos dun neno de nove anos a través dos que vemos o que sucede ao longo de dous anos nun pobo andaluz da España profunda da posguerra, onde a guerra civil parece non ter rematado aínda pola presenza dos maquis e as accións da garda civil. Neste ambiente de medo, inseguridade, dor e humillación, a triste e solitaria vida do neno vai cambiar coa chegada dun forasteiro, que se vai converter no seu amigo, e a relación cunha anciá que lle vai abrir a porta ao mundo dos libros. Porque El lector de Julio Verne é "un canto ao amor e á amizade, unha loa ao amor aos libros e á convivencia, unha chamada á dignidade do ser humano e ao respecto aos mortos, sexan da cor que sexan, sen partidismos nin revanchismos e, dende logo, unha homenaxe ben sentida a esas literaturas que son o xerme da obra de Almudena Grandes, ao fantástico Xulio Verne que tanta imaxinación proporcionou á escritora e a don Benito Pérez Galdós, seu pai literario, o culpable, en palabras da autora, de que nacera nela a vocación de escritora."
Se queredes más información sobre o libro, entrade AQUÍ.

17/09/13

INVITACIÓN Á LECTURA

Iniesta,Piqué e Xavi invítanvos a que leades con eles vinte minutos ao día. 
UNHA BOA PROPOSTA Á QUE TAMÉN NOS UNIMOS DENDE ESTA BIBLIOTECA!

 

07/09/13

Foto de Aurora do CEIP de Leirado
Terminada xa a semana de exames e avaliacións de setembro podemos dicir que iniciamos o novo curso escolar, así que BENVIDOS AO CURSO 2013-2014! Pero para lembrar que aínda estamos en verán nada mellor que esta imaxe dunha familia calquera nunha praia calquera. O curioso da imaxe é que todos os membros desa familia estan lendo, en soporte electrónico ou papel, iso é o de menos. A que apetece imitalos? Pois xa sabedes, collede a bolsa da praia e non esquezades meter ese libro que quedou pendente e ....DISFRUTADE DESTES ÚLTIMOS DÍAS!

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (114) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (142) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (39) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (3) vídeos (92) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER