19/12/14

RESULTADOS DOS ENIGMAS MATEMÁTICOS

Noraboa a todos os que participastes na actividade dos enigmas matemáticos desenvolvida nos recreos. En total foron 14 enigmas e a participación moi boa. O noso agradecemento aos profesores de matemáticas pola súa colaboración. Éstes son os resultados de todos aqueles que os resolvestes ben:
  • Con 11 enigmas acertados:
Guzmán Fernández del Palacio S2ºA
  • Con 10:
Javier Esmorís S1ºA
  • Con 9:
María Ciucurean S1ºA
Iago Valderas S1ºB
  • Con 8:
Sonia melón S1ºA
Claudia Ciucurean S1ºA
  • Con 5:
Yasiel Liste S1ºB
Diego Lueiro S1ºB
  • Con 4:
Paula Rey S1ºC
  • Con 3:
Marcos Castro S1ºA
  • Con 1:
Martina Sánchez S1ºA
Steven Cueva S1ºA
Mauro...........S1ºB
Diego Rodríguez S1ºB
Carlos Galán S1ºC
Miguel Alcalde S3ºB

Aos que participastes e non acertastes ÁNIMO! Seguide insistindo porque o traballo é a forma máis segura de conseguir as metas.
Os premios entregarémolos o venres 9 de xaneiro no segundo recreo. FELICES FESTAS!


PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS DE NADAL 2014! (E MIRADE CÓMO PODEDES FELICITALAS EN 24 IDIOMAS DIFERENTES)

Aquí a nosa entrada para desexarvos unhas boas vacacións de Nadal 2014. Á vez podedes aprender 24 formas distintas de felicitar o Nadal, vendo o video que está máis abaixo.
Felicitando o Nadal en 24 idiomas distintos, mira o video:


Versión en inglés @ ClickOnEnglish.

18/12/14

NOVA REVISTA LITERARIA "CRIATURAS"


Ven de presentarse o pasado 5 de Decembro no CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais Galegas, unha nova revista de Literatura Infantil e Xuvenil galega. Chámase "CRIATURAS". O seu número cero publícase este mes de Decembro. Esta revista dixital terá una periodicidade trimestral e é a única existente agora mesmo. Esperamos que se convirta nun referente no mundo docente sobre a edición, creación e distribución da literatura infantil e xuvenil.

15/12/14

PRESENTACIÓN E PASAPALABRA SOBRE CASTELAO

Aqui está a presentación que preparamos para esta semana sobre o escritor Castelao. Estes días, faremos dous ou tres pases ao día na biblioteca no horario exposto na sala de profesores. Podedes tamén velo nas aulas. Esperamos que vos guste.
Despois de ver o vídeo qué mellor que este pasapalabra que creamos para comprobar se estivestes atentos. 

 

14/12/14

SEMANA DE CASTELAO

Todos os anos, na última semana de clase antes de Nadal, o equipo de biblioteca, en colaboración co equipo de normalización lingüística, leva a cabo unha homenaxe a un escritor galego: Cunqueiro (2011), C.E.Ferreiro e Rosalía (2012) e R. Dieste (2013).
Alba Diéguez (4ºESO C)
Pois ben, este curso tócalle o turno a Castelao. Coma sempre, preparamos unha presentación audiovisual con información da vida e obra do autor, e gravacións de textos por parte do alumnado, como medio de incentivar a expresión oral. Ademáis este ano incorporamos alguns debuxos de Castelao realizados na materia de plástica.
A actividade consistirá na proxección desta presentación e na lectura en directo de textos por parte do alumnado. Para finalizar xogaremos cun pasapalabra que elaboramos con datos aparecidos no vídeo.
Se queredes acudir cos vosos alumnos, os horarios para anotarse están expostos na sala de profesores. Son dous horarios: un coas horas nas que haberá acto, e o outro baleiro para que vos anotedes nalgunha desas horas. Tedes que especificar o número de alumnos porque non caben máis de 40 en cada sesión. Terán preferencia os alumnos de 3ºA e 4ºC, que participaron cos seus debuxos, e o alumnado de S1ºC e S2ºC, que participaron nas gravacións de textos. Se alguén prefire proxectar a presentación e o xogo na aula, colgarémolos neste blog da biblioteca a partir do luns.

Tamén podedes ver na columna de novidades da biblioteca unha exposición de debuxos de Castelao realizada por alumnado de plástica doutros cursos, así como unha exposición bibliográfica dos fondos deste autor existentes na biblioteca.

13/12/14

GUÍA DE LECTURA PARA NADAL

Esta é a guía de lecturas e vídeos que o equipo de biblioteca vos recomenda para estas vacacións de Nadal.  Entregaremos unha en cor para cada aula e para todos os que levedes algún documento en préstamo para estas vacacións. Esperamos que sexa de voso agrado e que a disfrutedes en familia.


11/12/14

ENCONTRO CON DAVID SAFIER

O pasado mércores día 3 asistimos no Ágora, dentro do ciclo "Libros en directo", a un encontro co escritor alemán David Safier. Podedes ler a crónica no blog do club de lectura "O trasno na rede".



09/12/14

AS MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA: EXPOSICIÓN, CHISTES E ENIGMAS

Terminamos esta semana coa actividade "As matemáticas na biblioteca" que, como sabedes, consta dunha exposición permanente de posters e chistes, e de enigmas matemáticos nos recreos. Como sabemos que alguns profesores a queren utilizar nas aulas a última semana de decembro, antes das vacacións, e pensamos que pode ser útil subila ao blog para poder vela e compartila desde casa, aquí volas incrustamos transformadas en issu. Disfrutade e a semana que vén daremos os premios. ¡NORABOA A TODOS POLA PARTICIPACIÓN NESTA ACTIVIDADE!





05/12/14

ADEUS Á CALIGRAFÍA? VIVA A MECANOGRAFÍA?



Este curso que adicaremos a nosa Semana Cultural á Historia da Escritura, vimos de saber que Finlandia, o país que ten recoñecida unha ensinanza da máxima calidade, acaba de decidir que para o vindeiro curso deixará de prestar atención a ensinanza de caligrafía, e decir, non dará importancia a escritura á man, se non que pasará a darlle importancia a ensinanza da mecanografía, a escritura por medio dun teclado.
Está pasado de moda a escritura manual? E algo do século pasado? Non ten importancia o saber escribir a man? A nosa propia caligrafía non reflexa a nosa personalidade? Dende que se soubo a noticia a polémica está servida. Dentro da historia da escritura, marcará isto unha nova fase ou época? O fin da escritura manual?

Escribir a man é do século pasado

(Enrique Dans)

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

03/12/14

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Hoxe é outro día de reflexión, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Outra das efemérides instituidas pola Organización das Nacións Unidas en 1992 para tomar conciencia e medidas para mellorar a situación das persoas con discapacidade e poder conseguir unha igualdade de condicións para elas e unha maior integración na sociedade. 

O tema para este ano 2014 é "O DESENROLO SOSTIBLE: A PROMESA DA TECNOLOXÍA".
Ao longo da historia da humanidade, a tecnoloxía deu forma á maneira de vivir das persoas. As tecnoloxías da información e da comunicación impactaron tiveron un gran impacto na vida cotiá das persoas. Pero, no todas as persoas teñen acceso á tecnoloxía e aos estándares de vida máis elevados que permite.
Estímase que 6 millóns de persoas en todo o mundo viven con unha discapacidade, e o 80% de eles viven en países en desenvolvemento, o acceso á tecnoloxía é fundamental para axudar a facer realidade a participación plena e  igualitaria das persoas con discapacidade. Se discutirirá cómo os avances na tecnoloxía poden ser utilizados para mellorar a vida destas persoas en tras ámbitos diferentes:
- Obxectivos de desenvolvemento sostible que teñan en conta ás persoas con discapcidade.
- A discapacidade e a reducción do Risco de Desastres/Respostas de Emerxencia.
- Creación de condicións propicias de traballo.

Pero como este día quere concienciar que todas as persoas somos iguais. Vexámonos a través dos ollos dun neno, porque, para eles, sí que todos somos iguais.

Video da asociación francesa NOEMÍ.


02/12/14

A EDUCACIÓN DO 2030


O xornal eldiario.es publicou un artigo coa infografía superior donde detalla cómo será a educación do futuro no ano 2030, en so 15 anos.

Deixámosvos o enlace AQUÍ.

01/12/14

DÍA INTERNACIONAL DO SIDA


Como cada un de decembro dende 1988, hoxe é o día do lazo vermello. Conmemórase o Día Internacional de Loita contra a SIDA, para dar a coñecer os avances contra esta pandemia que leva matado a mais de 25 millóns de persoas.

Máis información sobre a enfermidade: AQUÍ 
e na páxina das Nacións Unidas AQUÍ.

Os 10 obxectivos para o ano 2015 son:

  • Reducir á metade a transmisión sexual do VIH, sobre todo entre a xente xoven, homosexuais e traballadores sexuais.
  • Eliminar a transmisión vertical do virus do VIH e reducir á metade o número de mortes maternas relacionadas con esta enfermidade.
  • Previr todos os casos de infección entre a xente xoven drogadicta.
  • Acceso universal ao tratamento antirretroviral a todas as persoas seropositivas que reúnan as condicións necesarias para recibilo.
  • Reducir á metade o número de mortes causadas pola tuberculosis entre as persoas seropositivas.
  • Garantir que todas as persoas e os fogares afectados polo VIH sexan tidos en conta nas estratexias nacionais de protección social e teñan acceso aos servizos básicos de asistencia e apoio.
  • Reducir á metade o número de países con lexislación e prácticas punitivas en materia da transmisión do VIH, prostitución, consumo de drogas u homosexualidade, que obstaculizan as respuestas efectivas.
  • Reducir á metade o número de países que aplican restriccións á entrada, a estancia ou a residencia de persoas seropositivas.
  • Abordar as necesidades específicas das mulleres e as nenas en materia de VIH en polo menos a metade das respostas nacionais.
  • Alcanzar a tolerancia cero frente á violencia de xénero.

26/11/14

PREMIO CERVANTES 2014 PARA JUAN GOYTISOLO


O escritor Juan Goytisolo (Bareclona, 1931) foi galardonado o pasado luns co premio literario máis importante das letras españolas o Premio Miguel de Cervantes 2014. Concédese cada ano dende 1976 (AQUÍ lista de premiados) e está dotado con 125.000 euros de premio. A entrega sempre se fai o 23 de abril do ano seguinte, na data do día da morte do autor do Quixote, no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.

Máis información sobre o premiado neste enlace a "El País":

25/11/14

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. ["MATRIARCAS"]

Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Por qué este día?
Porque:
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humáns.
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sufre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención éposible e esencial.
- A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofre violencia na súa vida.

Récordao: A VIOLENCIA NIN EN PINTURA!
Video:



Video "MATRIARCAS", GAUDI GALEGO:





24/11/14

SEMANA DE ADIVIÑAS MATEMÁTICAS

Con motivo do lema deste ano "Biblioteca escolar...matemático", temos a sorte de contar estes días cun material extra procedente dunha maleta viaxeira que anda a dar voltas por varios centros galegos. Podedes ver neste enlace de qué material estamos a falar, ou velo directamente exposto na columna de novidades. 
Como queremos que disfrutedes deste material, a partir de hoxe e ata o próximo martes atoparedes á entrada da biblioteca unha adiviña para resolver, unha en cada recreo. Se sabedes a resposta teredes que coller unha folla coa adiviña, enchela, cubrir os vosos datos (nome e apelidos e curso) e entregala ao profesor de biblioteca. Sortearemos premios entre todos os acertantes. Todas as adiviñas estarán sacadas dos documentos expostos. ÁNIMO E A...DIVERTIRSE PENSANDO.

22/11/14

O MONÓLOGO DAS MATEMÁTICAS


Como este trimestre andamos co tema das matemáticas e a biblioteca, aqui vos deixamos este monólogo de Eduardo Saenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidade de La Rioja, para que entendades que as matemáticas son para sempre, pero con humor.

Video:



21/11/14

A EXPO DAS MATEMÁTICAS

Desde outubro están expostos na biblioteca sete paneis con abundante información relacionada coas matemáticas e preparados polo equipo de biblioteca. Complétase a exposición con dous cadernos, un sobre matemáticos destacados e outro con exercicios, así como unha exposición de libros e DVDs sobre este tema, e xogos matemáticos elaborados polo alumnado na última semana cultural. Animamos a titores e profesorado en xeral a visitala e aproveitar este material antes do 1 de decembro xa que nesa data viaxará en préstamo ao Instituto de Adormideras.
Dado que a exposición tivo que ser retirada durante uns días debido á celebración do 25 aniversario do centro, decidimos que no mes de xaneiro volveremos a expoñela e a completaremos con algún pasatempo matemático. Informaremos de novo neste blog


20/11/14

EU FUN A E.X.B.



Ningún do noso alumnado coñece estas siglas, aínda que moitos dos profes aínda sí, E.X.B. era a antigua Educación Xeral Básica, que se estudiaba nos colexios de primaria, entón dende 1º a 8º. (7º e 8º corresponden aos actuais 1º e 2º ESO). Agora a antigua E.X.B. serve de base para uns libros e páxinas de internet moi seguidos. Será pola nostalxia...
"YO FUI A E.G.B." ("Eu fun a E.X.B.") ten unha segunda entrega. Javier Ikaz e Jorge Díaz, dous profesionais da publicidade e de internet, esciben este novo libro (288 páxinas), despois do éxito do primeiro, o máis vendido do ano. Neste segundo profundizan cos temas do anterior (música, cine, televisión personaxes, costumes) e engaden outros novos deporte, tecnoloxía, mobiliario, celebracións, etc...
O libro está ilustrado e é moi divertido e para todos os públicos, como foi o primeiro. Como novidade este segundo volume inclúe unha folla de pegatinas e un xogo de preguntas e probas. Os libros teñen a súa continuidade na rede con páxinas web en Facebook (800.000 seguidores), Twitter (75.000) e un blogue, no que ademáis das entradas que publican os autores da páxina, moitos son os seguidores que enriquecen os contidos con as súa propias aportacións. Gañaron os dous premios aos que estaban nominados nos Premios Bitácoras 2013, os máis importantes da rede en España. Entre máis de 20.000 blogues e webs foi o máis votado polo público e elexido polo xurado como o mellor.

Enlaces:
- "En fun a E.X.B.", páxina web.
- "Eu fun a E.X.B." @ Facebook.

17/11/14

A EDUCACIÓN DO FUTURO.


Acercámosvos un artigo que reflexiona sobre os profundos cambios no eido de educación e no rol do profesor nas aulas do futuro. Un futuro sen profesores?

Un futuro sen profesores?

(Artigo de César García, escritor e profesor universitario. Publicado no Huffington Post)

11/11/14

EXPOSICIÓN AS MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA


Tras o paréntese que supuxo a celebración dos 25 anos do Instituto, a exposición sobre AS MATEMÁTICAS volverá a estar na biblioteca a partir de mañá mércores e ata o día 30 de novembro.

Animamos a todo o profesorado a que acuda cos seus alumnos a disfrutar, ler e rir coas matemáticas. Hai ademáis dous cadernos que se poden subir a clase e moitos fondos bibliográficos que están expostos e se poden levar a casa en préstamo.
Para máis sobre a exposición: AQUÍ

Para seguir incidindo neste tema, deixámosvos con DONALD no país das matemáticas.

10/11/14

GALICIA: A SÉPTIMA NACIÓN CELTA


Mentras Escocia e Irlanda asócianse maioritariamente co pobo celta, as raíces da cultura celta están espalladas ao longo de Europa. Fai mais dun milenio, unha tribu celta coñecidos como os Gallaeci asentáronse nunha área ao norte do río Douro. A rexión convertiuse na actual Galicia, no noroeste de España e considérase hoxe a séptima nación de orixe celta, xunto con Eire (Irlanda), Kernow (Cornualles), Mannin (a illa de Mann), Breizh (Bretaña francesa), Alba (Escocia) e Cymru (Gales).
As evidencias están por todas partes, dende a lingua galega -falada por máis de tres millóns de persoas e que contén un gran número de palabras de orixe celta- ata os festivais paganos e rituais que continúan a aflorar por toda a rexión. As pallozas datan de 2500 anos atrás e cren que son de orixe celta.
Pódese ler máis sobre esto grazas a Jim Richardson do National Geographic Creative neste enlace de BBC travel, pero xa en inglés.


Versión completamente en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

09/11/14

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


O pasado venres e sábado celebráronse no Palacio de Congresos de Santiago as V Xornadas de bibliotecas escolares con conferencias sempre moi interesantes dada a categoría dos conferenciantes seleccionados, e mesas con diversas experiencias levadas a cabo en centros galegos. Estas últimas sempre nos aportan moitas ideas para levar a cabo no noso centro, e sempre nos deixan a mesma sensación "Mi madriña querida...CÁNTO SE TRABALLA NAS BIBES! Menos mal que comeza tamén a valorarse un pouco todo o que estamos a facer  nos centros de ensino por cambiar "o chip" e adaptarnos a estes tempos tan cambiantes.
Desde arquivos queremos dar a noraboa a todos os que nos presentastes as vosas experiencias nestas xornadas, non só polo moito que sacamos delas, senón tamén porque nos confirmades que IMOS POLO BO CAMIÑO e nos dades ánimos para seguir.



07/11/14

ACTO CONMEMORATIVO DO 25º ANIVERSARIO DO IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE"


Onte á tarde celebramos no veciño Auditorio "Andrés Gaos" do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, o acto conmemorativo do noso 25º aniversario como centro educativo. A mesa principal contou xunto co noso director D. L. Fernando López Sal coa presenza do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña D. Xosé Luís Armesto Barbeito e por parte de administración educativa, o noso inspector D. Lisardo López Varela, como podedes ver na foto.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

06/11/14

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25 ANOS FACENDO FUTURO



A Comunidade Educativa do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" está de aniversario. Celebramos o 25 aniversario do noso centro e hoxe, 6 de novembro ás 18:30h no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música celebraremos un acto de conmemoración.

Programa:
- Apertura do acto polo Director do centro D. L. Fernando Gómez Sal.
- Intervención do profesor D. Miguel Mato Fondo: "Rafael Dieste: un nome para un proxecto educativo"
- Actuación musical a cargo de alumnado do centro.
Conferencia do Reitor Magnífico da Universidade de A Coruña, D. Xosé Luís Armesto Barbeito: "o instituto, a universidade e o dereito á educación".
- Peche musical: La Importancia (1933), poema para voz e piano.
Letra: Rafael Dieste.
Soprano: Susana de Lorenzo
Música: Miguel Brotóns.
Piano: Beatriz López-Suevos.

05/11/14

ESTREAMOS LOGO DO INSTITUTO NO SEU 25º ANIVERSARIO

Dentro das actividades do noso 25º aniversario, e a un día da comemoración, temos o gusto de presentarvos o noso novo logo que se estrea con tal evento. Deseñado pola nosa profesora de debuxo, Isabel López Viñuela, a partir de agora será a nosa nova imaxe institucional.



01/11/14

IES PLURILINGÜE "RAFAEL DIESTE", 25º ANIVERSARIO: ENTREVISTA AO DIRECTOR


A piques de comezar a semana na que conmemoraremos o 25º aniversario da inauguración do IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE", o noso director L. Fernando Gómez Sal concedeu unha entrevista a Iván Aguiar para o xornal local "La Opinion de A Coruña", que ou ben podedes ler neste enlace AQUÍ ou transcrita ao galego máis abaixo.

Luis Fernando Gómez Director do instituto Rafael Dieste

´O problema que nos encontramos co alumnado é a motivación´

"Nas aulas temos estudiantes moi desmotivados xunto a outros que teñen claro que queren prepararse para o futuro"

Con motivo do 25 aniversario da apertura do instituto Rafael Dieste, o seu director, Luis Fernando Gómez, explica cáles son os retos que ten que afrontar o profesorado para manter a calidade na ensinanza. Tamén relata a experiencia de que o centro sexa plurilingüe.
-Cáles son os objectivos que se marca o instituto para os próximos anos?
-O instituto márcase para o futuro continuar a líña de educación que se está ofrecendo nos últimos anos e mellorar a ensinanza que recibe o alumnado. Atendendo aos estudiantes que teñen problemas educativos como aos que teñen pensado non continuar con estudios universitarios. E ofrecer tamén unha ensinanza de calidade.
-Cómo foi a experiencia de adaptar o centro a un sistema plurilingüe?
-O noso centro ofrece algunhas asignaturas en inglés para todo o alumnado. En concreto, no noso instituto impartimos Educación Física, Tecnoloxía e Música en inglés. Os estudiantes non teñen ningún problema. Teñen un primeiro proceso de adaptación nos niveles máis baixos. Enseguida entran e é un complemento de formación que pensamos que é mui útil.
-Cómo ve o panorama educativo na actualidade?
-O panorama educativo é un pouco o reflexo dunha sociedade que está atravesando momentos con dificultades, pero eu resaltaría que grazas ao esforzo do profesorado conseguimos un nivel educativo digno e axeitado.
-O nivel do alumnado baixou en comparación con outros anos?
-Non creo que o nivel do alumnado empeorase. Non teño unha visión derrotista da ensinanza. Hai que ter en conta que o alumnado que temos é moi heteroxéneo e teñen moi distintos intereses e perspectivas. Por un lado atendemos a alumnos que teñen como horizonte conseguir so a escolaridade e alumnos que teñen como meta pasar á universidade. Entnc eu creo que o nivel da ensinanza non baixou nos últimos anos, pero sí vémonos con esa dificultade de atender a alumnado que ten distintos intereses e objectivos de futuro.
-É muy difícil manter o nivel cando hai estudiantes que queren deixar a ensinanza e outros que queren seguir?
-O problema que nos encontramos con este alumnado é a motivación. Nas aulas temos algúns estudiantes que están moi desmotivados xunto con outros que teñen moi claro que están no centro para prepararse para o futuro. É difícil conseguir que este alumnado desmotivado se integre e obteña unha educación axeitada. Intentamos integralos todos os días.
-En qué vai a consistir o acto de aniversario do próximo día 6 de novembro?
-Pensamos reunir a persoas que pertenceron a este centro ao longo de 25 anos. Tanto exprofesores, exalumnos como algunhas autoridades educativas e membros das directivas doutros centros. Tamén estarán membros da AMPA deste e outros anos.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

28/10/14

"BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!", A EXPO




Durante toda esta semana, celebraremos o Día das Bibliotecas cunha exposición con paneis sobre o tema deste ano: as matemáticas. Aquí tedes un adianto, pero pasade a ollalos mais de cerca e con mais calma. É moi interesante.



27/10/14

GHALEGHO

TODOS FALAMOS GALEGO, CADA QUEN DA SÚA MANEIRA

Tecleando no buscador de Youtube oito letras, Ghalegho, accédese a un orixinal video. Os protagonistas son catro mozos de Rianxo e Dodro que fan unha defensa do idioma galego con todas as súas peculiaridades como son o seseo e a gheada. A idea foi de Noelia Gómez, unha rapaza de Rianxo que estudia Xornalismo en Santiago. E o video está a arrasar na rede.
O video é un traballo para as clases de galego. Noelia explica: «Tiñamos que facer algo sobre o idioma e, como son de Rianxo e falo con seseo e gheada, ocorréuseme reivindicar as peculiaridades da miña zona e, de paso, defender as variantes do galego». Para iso, contou coa colaboración de varios amigos: Imo, Martin, Ana e Carlos.
Video "GHALEGHO":


25/10/14

DÍA DAS BIBLIOTECAS


A IASL, International Association of School Libraries, convoca anualmente no mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, como un xeito de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas. 
O lema elexido en Galicia este ano é: "Biblioteca escolar... matemático!!!" coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
Nos celebrarémolo durante toda a vindeira semana cunha exposición sobre as matemáticas na nosa biblioteca.




24/10/14

24 OUTUBRO: DÍAS DAS NACIÓNS UNIDAS


Hoxe celébrase o Día das Nacións Unidas, que marca o aniversario da entrada en vigor en 1945 (fai 69 anos) da Carta das Nacións Unidas. Coa ratificación deste documento a maioría dos que asinaron, incluídos os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade, as Nacións Unidas entrou oficialmente en vigor. Este día leva celebrándose dende 1948.

Mensaxe do Secretario Xeral de 2014

Queridos amigos,
A labor das Nacións Unidas resulta máis necesaria que nunca nesta época de múltiples crise. A pobreza, a enfermidade, o terrorismo, a discriminación e o cambio climático estanse a cobrar un elevado prezo. Millóns de persoas seguen padecendo situacins de explotación deplorables debido a traballo servil, a trata de seres humáns, a escravitude sexual ou as condicións perigosas nas fábricas, os campos e as minas. A economía mundial segue sendo un terreo no que non todos actúan en pé de igualdade.
A fundación das Nacións Unidas constituiu un solemne compromiso coa poboación do mundo de poñer fin a eses atropelos da dignidade humana e abrir o camiño a un futuro mellor. Sufrimos reveses dolorosos, e queda moita tarefa por diante para que a visión plasmada na Carta se faga realidade, pero os  nosos logros pódennos infundir ánimos.
Os Obxectivos de Desenrrolo do Milenio das Nacións Unidas inspiraron a campaña contra a pobreza de maior éxito na historia. Os tratados das Nacións Unidas sobre a desigualdade, a tortura e o racismo protexeron ás persoas, mentras que outros acordos salvagardaron o medio ambente. O persoal de mantenimento da paz das Nacións Unidas interpúxose entre forzas hostís, os nosos mediadores resolveron controversias e os nosos traballadores humanitarios prestaron asistencia que ten salvado vidas.
Neste momento crucial, reafirmemos o noso compromiso de hacer fortes aos marxinados e os vulnerables. No día das Nacións Unidas, exhorto aos gobernos e aos particulares a que traballen conxuntamente en pro do ben común.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER