A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


28/03/14

TEATRO CLÁSICO EN LUGO

O pasado mércores 26 os alumnos de Grego asistimos en Lugo a escenificación dunha traxedia e unha comedia grega: "As troianas" de Eurípides e "As asambleistas" de Aristófanes. Entre unha e outra obra quedou tempo para visitar o "Centro de conservación da muralla" e a "Casa dos Mosaicos", así como para pasear baixo a choiva polo adarve da muralla, admirando e coñecendo de primeira man as pegadas da romanización en Gallaecia. 
As asambleistas de ARISTÓFANES

26/03/14

SIMULACRO DE EMERXENCIA ESCOLAR


O vindeiro venres teremos o primeiro simulacro de emerxencia que facemos no noso instituto para estar entrenados ante unha posible situación de emerxencia que poida darse.

Aquí vai un resume das regras básicas que debemos ter en conta cando o sinal de emerxencia sone estando na aula.

1- EVACUACIÓN DO ALUMNADO.
- O/a profesor/a ou persoa encargada do grupo contará a todos os alumnos que estén na aula.
- Cerrade todas as ventás e portas antes de sair.
- A saída do edificio ata o Punto de Encontro farase en orde e en silencio, para que as instruccións do equipo de evacuación poidan escoitarse claramente.
- O/a profesor/a ou persoa encargada liderará o grupo e o delegado de clase irá de último.
- Deixarase unha folla de papel entre a porta e o marco para sinalar que a aula foi evacuada completamente.
- Baixo ningún concepto se deberá regresar a recoller ningún obxecto durante a evacuación.

2- EVACUAR POLA RUTA MÁIS SEGURA EN CALMA E EN SILENCIO.
- Nunca volver atrás.
- Camiñar rápido, sen correr.
- Non gritar.

3- EVACUAR EN ORDE NUNHA ÚNICA FILA PEGADA Á PAREDE.
- Esperade a que o piso inferior estea completamente evacuado.
- Cada profesor/a deberá levar aos seus alumno/as silenciosamente en orde ata a saída máis cercana seguindo os sinais de evacuación.

4- IDE AO PUNTO DE ENCONTRO.
- Unha vez fora do edificio, non rompades a fila antes de chegar ao Punto de Encontro.
- O Punto de Encontro está na pista deportiva. O alumnado que proceda das clases de Tecnoloxía ou do Ximnasio reuniranse no xardín posterior a carón da pista deportiva (preto do edificio da UNED).

5- UNHA VEZ NO PUNTO DE ENCONTRO, O ALUMNADO DEBERÁ PERMANECER NUNHA FILA POR GRUPOS DE CLASE.
- Cada grupo de clase volverá a ser contado.
- Calquera ausencia deberá notificarse inmediatamente.

6- TODOS DEBERÁN ESPERAR INSTRUCCIÓNS ANTES DE VOLVER A ENTRAR AO EDIFICIO.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

APRENDENDO A ENTREVISTAR

Deixámosvos cun tutorial para saber que é unha entravista e como se fan.

24/03/14

ADOLFO SUÁREZ (1932-2014)

[Fonte "EL PAÍS"]
Foi a coraxe feito persoa o mais firme defensor dos valores do diálogo e do consenso. Pero sobre todo, Adolfo Suárez González (Cebreros, Ávila 25/9/1932-Madrid 23/3/2014) entra na Historia por ter dirixido o tránsito dende o Estado dictatorial ata a democracia constitucional en so dous anos e medio, a pesar dos esforzos da extrema dereita o do terrorismo de ETA e do GRAPO para impedilo, e das conspiracións franquistas atrincherados no inmovilismo.
Aquí tedes un enlace para informarvos sobre esta personalidade tan importante na nosa historia reciente:

Morre Adolfo Suárez, o líder que cambiou a historia de España   ["El País"]



18/03/14

ROSALÍA MÁIS INTERNACIONAL


A escritora máis famosa de Galicia segue mostrando a súa internacionalidade. Unha mestra galega Xela Cuñarro, que está a ensinar en Irlanda, quería mostrar ao seu alumnado o legado desta escritora. Tanto Galicia como Irlanda teñen en común a temática da emigración, que Rosalía aborda na súa obra. Así que Xela escolleu "Adiós ríos, adiós fontes", un dos poemas máis universais da literatura galega. Aquí está o resultado, o alumnado da Escola de Santa María de Mullaghbawn, de Irlanda do Norte, recitan o seu poema en Galego, Inglés e Gaélico, como podedes ver no video.




Enlace á noticia na prensa ("La Voz de Galicia"):

El emocionante «Adiós ríos, adiós fontes» de los niños de Irlanda


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

A IMPORTANCIA E NECESIDADE DAS "BIBES"


Acabamos de atopar unha referencia en Lectura Lab no que Philip Pullman, escritor británico e presidente da Sociedade de Autores do Reino Unido, defende á existencia das bibliotecas escolares e a necesidade de que conten con persoal e recursos axeitados. Na súa declaración nunha entrevista radiofónica alabou o papel dos bibliotecarios e profesores no fomento da lectura e como son capaces de mostrar aos estudiantes o fermoso que é ler por pracer.
Aquí o enlace á entrevista radiofónica a Philip Pullman na BBC Radio 4 en inglés:

Pullman: Every school needs 'properly-funded library' ('Cada colexio necesita unha biblioteca adecuadamente financiada')

13/03/14

O sexismo nos xoguetes

Desde a semana pasada está exposto nos pasillos do Instituto o traballo que os alumnos de 4º de ESO prepararon sobre o "sexismo nos xoguetes" para a materia de Ética. Este traballo de investigación, cuios resultados podedes ver na exposición, conclúe que en 500 anuncios de xoguetes investigados, só en un aparece a figura dun neno xunto a un xoguete tradicionalmente de "nenas", e para iso o neno aparece no papel de "pai" xunto a unha nena. Convén que todos meditemos sobre este tema nestas datas nas que acabamos de celebrar o Día da muller traballadora.

11/03/14

11-M: DÉCIMO ANIVERSARIO


O NOSO RECORDO E TRIBUTO NO DÉCIMO ANIVERSARIO.

Video "ECOS", Luz Casal:

Video "JUEVES", La Oreja de Van Gogh:

07/03/14

OS NENOS FAN O QUE VEN



"A maioría dos nenos oen o que din, algúns nenos mesmo fan o que dis, pero todos os nenos fan o que fas"
Katheleen Casey Theisen
(socióloga norteamericana)

"Dar exemplo non é a principal maneira de influir sobre os demáis; é a única maneira"
Albert Einstein





O video que incluimos hoxe titúlase "Children see, children do" ("Os nenos ven, os nenos fan") e foi creado para unha campaña de NAPCAN: Asociación australiana para a prevención do abuso e maltrato infantil.
Este video é unha radiografía cruda pero realista do papel do exemplo na vida e esencialmente na educación dos fillos. O exemplo como transmisor de valores e comportamentos, é tremendamente poderoso, tanto para o positivo como para o negativo.
O anuncio mostra o lado oscuro da nosa sociedade: mala educación e hábitos, falta de civismo, impaciencia, falta de entrega aos fillos, falta de respeto polos demáis, racismo e violencia. E recórdanos que todo iso reprodúcese por imitactión da seguinte xeración.
Ao final do video hai unha mensaxe: "Make your influence positive" ("Fai que a túa influencia sexa positiva"), que a clave da metamorfose.

Video:


ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (104) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (48) baile (4) bibliotecas (67) bioloxía (5) cartel (5) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (19) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (80) concursos (38) conferencia (9) congresos (5) contacontos (7) Cosmos (27) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (3) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (13) enlaces (235) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (48) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (138) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (3) Galicia (39) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (61) humor (19) ilustración (8) inglés (37) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (46) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) mitoloxía (7) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (120) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) videos (23) vídeos (65) violencia de xénero (7) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER