29/04/14

V SEMANA CULTURAL: "OS XOGOS TRADICIONAIS"



Como sabedes a semana do 5 ao 9 de maio celebramos a SEMANA CULTURAL, que este curso ten como tema "Os xogos tradicionais". Para unha mellor organización,  expoñeremos na sala de profesores antes deste martes 29 de abril o horario xeral coas actividades propostas. Xunto a este horario haberá outro en branco para que poidades anotarvos cos alumnos. Tende en conta que as actividades que se desenvolvan na biblioteca teñen un aforo limitado (non máis de 40 alumnos).

Durante toda a semana haberá na biblioteca unha exposición de xogos tradicionais elaborados artesanalmente por BUXAINA. Con alguns deles poderemos deixar xogar aos alumnos, pero con outros, que estarán en vitrinas, non. Xa vos avisaremos. Todos estes xogos poderán ser adquiridos por calquera de nós, están bastante ben de prezo. De feito imos comprar algun para a biblioteca, xa que queremos aumentar a sección de xogos.

Tamén haberá unha exposición de xogos da antiga Grecia e Roma preparada polos alumnos de Cultura Clásica que levarán a cabo unha pequena exhibición; xogos con cancións presentados por alumnos de música; o xogo de "vexo, vexo" en varias linguas; xogos matemáticos; dous xogos elaborados por alumnos de tecnoloxía; lectura de textos literarios en castelan e galego sobre "xogos" por parte de diversos alumnos; exhibición de pictionary por parte de alumnos de debuxo... e varias competicións de xogos no exterior: chave, rá, carreiras de zancos, carreiras de sacos, pelexa de galos, tiro de corda, petanca, brilé, peonza, salto de corda e goma, etc.

Este ano poñeremos a disposición de todos a presentación elaborada pola biblioteca con toda a información recibida, para que a poidades poñer nas vosas aulas en clase ou titorías. Desta maneira ninguén quedará excluído de vela.

24/04/14

APPs PARA A ENSINANZA E APRENDIZAXE NAS BIBES


A

 A Asociación Norteamericana de Bibliotecas Escolares (AASL) escolleu a mellores aplicacións de móbiles para a ensinanza e aprendizaxe.
 As apps recoñecidas como Best Apps for Teaching & Learning son dun valor excepcional para a ensinanza baseada na investigación e a aprendizaxe que se concreta nas normas da AASL para o alumnado do século 21. As aplicacións fomentan as cualidades da innovación, a creatividade, a participación activa e a colaboración e son fáciles de usar para animar a unha comunidade de estudiantes a explorar e descubrir. Aquí tedes o enlace que recolle todas estas apps seleccionadas:


22/04/14

ABUR, GABO


Mentras disfrutabamos das vacacións soubemos da noticia da morte dun dos grandes da literatura universal en castelán: GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. Faleceu en México DF o pasado 17 de abril aos 87 anos, pero nacera o 6 de marzo de 1927 no poblado caribeño de Aracataca en Colombia. 
Non se pode resumir nunha entrada de blog todo o que supuxo Gabo para a literatura, polo que deixamosvos un enlace á sección de Cultura do xornal "El País" e o resume que lle adicaron estes días fotos, homenaxes, artigos, etc...

Morre Gabriel García Márquez: xenio da literatura universal


21/04/14

CARTEL DA SEMANA CULTURAL


Aquí está xa o cartel da semana cultural deste ano. A presentación resumo de todo o traballo destes meses estará lista para pódela ver nas titorías da semana anterior.


10/04/14

TRABALLAR POR PROXECTOS DENDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES




Deixamosvos un enlace á páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia donde aparece unha infografía resume o proceso a seguir para traballar por proxectos dende as Bibliotecas en colaboración con outros Departamentos Didácticos ou Equipos de Normalización.

Enlace:
- INFOGRAFÍA "BE E TRABALLOS X PROXECTOS" (Páxina Bibliotecas de Galicia)

08/04/14

5ª SEMANA CULTURAL: "XOGOS TRADICIONAIS"



Xa queda só un mes para a semana cultural, que este ano celebraremos do 5 ao 9 de maio. Xa está listo o cartel  e estamos comenzando a organizar o horario. Cando estea colgarémolo aqui e na sala de profesores, coma sempre. Haberá ademáis un horario para anotarse para asistir ás actividades. Este ano pasaremos a todos os profesores e colgaremos en todas as aulas un enlace para que durante a semana anterior todos os alumnos poidan ver a presentación xeral nas aulas nas titorías.
Ésta é a lista de xogos que estamos traballando os departamentos:
Educación Física: A chave, a rá, os zancos, a petanca, pelexa de galos, soga-tira, salto á corda, brilé, o pano, carreiras de sacos.
Música: Ao montón, rei rei, ao corro da pataca, o patio da miña casa, o xogo da cadeira, don Melitón, en la calle 24, etc (falta por determinar algúns máis)
Tecnoloxía: O alquerque e outro que non lembro o nome
Debuxo: Pictionary
Matemáticas: "XOGOS DE INXENIO ", exposición con taboleiros, fichas , obxectos... os nenos farán algún concurso no que presentarán as súas solucións ou realizarán os xogos.
Inglés: "I SPY, I SPY WITH MY LITTLE EYE..." (vexo, vexo en inglés), "SIMON SAYS..." (Enlace á información sobre estes xogos en inglés aquí). Tamén se escoitarán cancións tradicionais infantís (Nursery Rhymes)
Francés: Vexo, vexo en francés, etc (falta por determinar algún máis)
Grego: Trompo, yo-yó, canicas, aro, tabas, xogos coas mans e con moedas, xogos con noces, con pelota, xogos de mesa. Todos son xogos da antiga Grecia e de Roma. Tamén  “ὁράω, ὁράω” (vexo, vexo en grego antigo)
Lingua española e Titorías: Xogos e literatura e Xogos interculturais (falta por determinar)
Titorías: Xogos interculturais (falta por determinar)
Normalización lingüística: cancións presentes en xogos tradicionais galegos (apoio á música)
Biblioteca:
PRESENTACIÓN on-line coa información aportada polos departamentos.
CADERNO coas fichas de todos os xogos traballados (ficha modelo enviada a todos os profesores que participan no proxecto)
COORDINACIÓN E ORGANIZACIÓN da Semana Cultural en colaboración coa Vicedirección
Hai posibilidades dunha charla por parte de "Buxaina" sobre fabricación artesanal de xogos tradicionais, así como dunha exhibición do seu traballo.
Temos ademáis proxectado que en varios sitios do centro queden debuxados alguns xogos para que poidan ser practicados nos recreos durante todo o ano. 

02/04/14

PARA PRONTO UNHA NOVA EDICIÓN DO DRAE

A Real Academia da Lingua completará en breve a nova edición do seu Diccionario que se publicará en outubro con 95.000 entradas. Será a edición máis renovada da historia con 100.000 enmendas.
Máis voces, máis acepcións, máis americanismos, máis matices, e moito máis... a edición nº 23 do Diccionario da Real Academia Española xa está rematada e estara dispoñible en outubro. Caracterízase polos seus números impresionantes: 93.000 voces (5.000 máis que a edición anterior),100.000 enmendas, 200.000 acepcións...).
Toda a información sobre esta edición neste enlace do diario "El País".


ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER