28/01/15

ENCONTRO CON PEPE CARBALLUDE

O martes pola tarde tivemos un encontro no salón de actos co escritor Pepe Carballude, autor de Marxinados, obra que leu o alumnado de 4º de ESO na materia de Ética, e O deus desaparecido, obra que leu o alumnado de 3º de ESO na materia de Cultura Clásica. A charla trancorreu con moita cordialidade, dedicando o autor boa parte do tempo a contestar ás numerosas preguntas formuladas polos alumnos. Antes de irse, e para finalizar o acto, P. Carballude asinou todos os libros que o alumnado trouxo para tal efecto. Asimesmo asinou un exemplar de cada un dos títulos seus que tiñamos rexistrados na biblioteca. Estes exemplares asinados polos autores gardámolos nunha vitrina especial que creamos  este curso para preservalos do uso.

A partir de hoxe están expostos todos os libros que temos deste autor no andel de "novidades". Animámosvos a pedir en préstamo algún deles, seguro que pasaredes un bo rato coas súas lecturas.

25/01/15

CAL DESTAS 10 FRASES CHE GUSTA MÁIS?

Desde o luns 26 e ata o venres 30 de xaneiro todos os membros da comunidade educativa do IES Rafael Dieste podemos votar a frase que máis nos guste sobre A PAZ. Só temos que premer na elixida e darlle a ENVIAR. A frase que resulte gañadora pasará a formar parte do noso blog e acadará un lugar destacado nel.

24/01/15

SEMANA DA PAZ

Con motivo da celebración da Semana da Paz, no ano 2009 facíamos
esta entrada que, hoxe, seis anos despois, suscribimos palabra por palabra:


"O día 30 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día da Non Violencia e a Paz en lembranza de Gandhi, o pai da “ahimsa”, que quere dicir loita pola paz con actitudes pacíficas pero comprometidas. Por iso ese día ten que servir para lembrar que a non violencia e a paz non se conseguen nun día, que hai que telas presentes os 365 días do ano. E todos temos moito que facer ao respecto, tamén desde as bibliotecas escolares. O noso labor como educadores é facilitar aos nosos alumnos os instrumentos necesarios para que poidan abrir os ollos ao coñecemento, á comprensión e á aceptación das ideas dos outros e axudarlles a formar un espírito crítico; e unha biblioteca ben aproveitada é un pozo sen fondo de recursos para levar a cabo estes obxectivos. Porque paz non é só ausencia de guerra senón tamén ausencia de discriminación de calquera tipo. E como estamos convencidos de que a lectura en xeral e a poesía en particular son verdadeiramente “armas cargadas de futuro”, as nosas balas para loitar pola paz serán ese día as palabras dos poetas."

Éstos son os textos e cancións que imos ler e escoitar ou cantar nas aulas o próximo venres 30 ás doce en punto


21/01/15

APRENDENDO LINGUAS ESTRANXEIRAS "ONLINE"


Están a proliferar plataformas na rede para aprender e practicar linguas estranxeiras "online", e nalgúns casos de forma gratuita, como se explica neste artigo de "El País". En calquer caso, vale a pena darse un paseo por estes sitios web e ver se nos pode axudar como complemento ás clases do instituto.
Enlaces a plataformas web para aprender/practicar linguas estranxeiras:

20/01/15

ADIANTO SOBRE O PAC

O Proxecto Anual do noso Centro (PAC) deste ano tratará sobra "A historia da escritura". Aqui tedes a presentación inicial cos temas que cada departamento participante vai preparar co seu alumnado.

19/01/15

LIBERDADE DE EXPRESIÓN


A raíz dos atentados de París contra un semanario satírico, houbo moitos comentarios sobre a defensa da liberdade de expresión. Traemosvos o enlace ás reflexións da directora d informativo da Cadena SER "HORA25", Angels Barceló, denunciando certa hipocresía na defensa desta liberdade. Pódedes escoitar as súas opinións AQUÍ.




14/01/15

A NOSA SEMANA CULTURAL EN EDUGA


A nosa última semana cultural adicada aos Xogos Tradicionais aparece reseñada nun artigo publicado o pasado decembro na revista EDUGA. Podedes ler o devandito artigo neste enlace.

13/01/15

BANCO DE RECURSOS GRATUITOS

Se entrades na nosa sección "Formación de usuarios" atoparedes un enlace moi interesante con gran cantidade de páxinas con recursos multimedia gratuitos.


Agora que o pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a nova lei de propiedade intelectual que pode afectar o uso que facemos do cinema e de Internet como ferramentas pedagóxicas, convén que tratemos este tema entre nós e, se chega o caso, reclamemos un trato especial para o ámbito da educación.

12/01/15

A NOVA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL E A EDUCACIÓN

(Foto: Gizmodo.com)

O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor a nova lei de propiedade intelectual que pode afectar o uso que facemos do cinema e de Internet como ferramentas pedagóxicas. 
A mesma consellería ven de enviar unha circular recordando que non se poden proxectar películas completas, despois de anos e cursiños vendendo as virtudes pedagóxicas do uso do cine nas aulas.
Unha segunda consecuencia é a limitación da actividade de reseña e de enlaces no ámbito de internet. Por un lado, considerarase "cita" calquer extracto literal dunha obra publicada de novo noutro sitio, incluído aquelas obras producidas por medios de comunicación. Parece que a publicación de calquer fragmento, por pequeno que sexa, pode dar lugar á compensación equivalente. E aínda está por ver qué se entende por "publicacións periódicas ou sitios da web de actualización periódica e que teñan unha finalidade informativa, de creación de opinión pública ou de entretenemento". Fálase de medios tradicionais con sitios web? Fálase de novos medios? Fálase de blogues, contas en Twitter, Facebook e outras redes sociais?
No ámbito educativo, o uso de películas e de internet, blogues, etc... non se fai cun interés de lucro nin pirateo (normalmente, os centros teñen mercado a súa propia copia orixinal) se non como medios para facilitar a aprendizaxe.

10/01/15

REFLEXIÓN SOBRE O ENSINO DAS MATEMÁTICAS

Neste  enlace podedes ler a reflexión de J.A. Fernández Bravo, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Educación da Universidade Camilo José Cela, sobre a enseñanza das matemáticas, na que aporta 8 ideas para mellorala.
Non está mal comezar o trimestre dialogando sobre o ensino e facéndonos preguntas como esta "Que podemos facer cada un de nós para que mellore?

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER