A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


30/04/15

"PIPAS" E OUTRAS CURIOSIDADES DA SEMANA CULTURAL


Rematando a nosa VI Semana Cultural achegamos uns videos divertidos.
"PIPAS", sobre o importante que pode ser entender o que significan os símbolos e ter un pouco de "cultura xeral":



"YO TB TQ", sobre a importancia de saber que as conversacións tipo chat vía mobiles, non ten os mesmos apoios xestuais que unha conversación cara-a-cara, polo tanto a mesma conversa pode ter resultados e consecuencias moi diferentes:


E outro descubrimento recente da Universidade de Oxford e que xa aparecía nos papiros exipcios recollían tratamentos para a resaca e as hemorroides. Toda a información no enlace inferior:


Traducen papiros exipcios con tratamentos para a resaca ou as hemorroides

28/04/15

O CÓDIGO MORSE


Xusto en plena semana cultural sobre a Historia da Escritura, descubrimos que onte foi o Día do Código Morse, comemorando o nacemento do seu inventor Samuel Morse en 1791. O Código Morse é un sistema de comunicación utilizado para enviar mensaxes nas que as letras e os números se representan por medio de toques de son ou fulgores de luz.

Mais información sobre o Código Morse AQUÍ.

Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish

26/04/15

HORARIO DE ACTIVIDADES

Este é o horario das actividades programadas para a semana cultural. Está exposto no taboleiro da sala de profesores. Ao seu carón hai outro baleiro no que podedes anotarvos aos obradoiros.
Con respecto ao acto do xoves no salón de actos, é moi importante que o alumnado acuda cos profesores correspondentes.
Lembramos que a data límite de entrega de traballos para os concursos ampliouse até o martes 28.


HORARIO VI SEMANA CULTURAL 27-30 abril 2015

LUNS 27
MARTES 28
MÉRCORES 29
XOVES 30
8.30-
9.20


SOPORTES DA ESCRITURA
GREGO/CIRÍLICO




9.20- 10.10


BRAILLE




GREGO/LATÍN/
XAPONÉS
1º RECREO








10.30- 11.20





CUNEIFORME/
XEROGLÍFICO


11.20- 12.10


GREGO/LATÍN/
XAPONÉS


SALÓN DE ACTOS “A hª da escritura” [S3º e 4º]
2º RECREO






Expresión corporal VERBA VOLANT, SCRIPTA MANENT
12.30- 13.20
CUNEIFORME/
XEROGLÍFICO





SALÓN DE ACTOS “A hª da escritura” [S1º e 2º]
13.20- 14.10





SOPORTES DA ESCRITURA
GREGO/CIRÍLICO
SALÓN DE ACTOS “A hª da escritura” [1º e 2º Bach.]









16.30- 17.20








17.20- 18.10


LINGUAXE DE SIGNOS



Inscrición nos obradoiros: Anotade o grupo co que iredes á actividade, o voso nome e o número aproximado de alumnos. Ex: Matilde-2ºA-25 alumnos.
Durante a semana a biblioteca estará aberta só para visita das exposicións. O xoves no segundo recreo permanecerá cerrada. 

E agora só queda disfrutar e aprender de todo o traballo desenvolvido.

25/04/15

AS 'EMOJIS' MÁIS UTILIZADAS NO MUNDO.

As 'emojis' (do xaponés) ou emoticonas son certamente a nova maneira de comunicarse no século XXI. As emoticonas fixeron un largo camiño dende :-) ata agora que xa cumpliron 32 anos. Con elas podemos expresar emocións e ideas dunha forma sinxela cando envíamos sms, whatsapps ou tuits.


Fixéronse numerosas enquisas para ver cales son os máis utilizadas no mundo. Á esquerda podedes ver o TOP 100 das máis usadas no mundo, según unha enquisa feita en tempo real en Twitter por Matthew Rothenberg en 2014.


Outras enquisas diron como resultado este ránking por países:

bebés Latino América

gatos - Brasil

iconos de temática femenina -

Reino Unido

violencia - Canada

vacacións - Australia

festas - España

tristeza - Hispanos de EEUU

corazóns Francia

caras felices - Turquía

romanticismo - Rusia

flores - países árabes

sinais de mans - Malasia




A versión en inglés desta entrada:

24/04/15

MECANOGRAFÍA: A EVOLUCIÓN DA ESCRITURA


A piques de empezar o vindeiro luns a nosa VI Semana Cultural sobre A HISTORIA DA ESCRITURA, traémosvos un divertido video de como uns rapaces reaccionan ante o que agora xa é unha maquinaria obsoleta: A MÁQUINA DE ESCRIBIR.
A máquina de escribir foi unha etapa intermedia entre a escritura caligráfica e a que agora facemos cos nosos modernos ordenadores e teléfonos móbiles. Mirade o video e vede como algo non tan antiguo para moitos de nos pode parecer un dinosaurio para os mais novos. O video é orixinalmente en inglés, pero podedes poñerlle subtítulos en castelán.

Video:



Podedes ver a version en inglés desta entrada en ClickOnEnglish

15/04/15

ACTIVIDADES SEMANA CULTURAL

Por fin, aquí están as actividades que temos preparadas para celebrar a nosa VI Semana Cultural. Aínda pode haber algún cambio de última hora, do que seríades informados puntualmente. Do horario dos obradoiros informaremos a semana que vén.


Actividades sc from Instituto Rafael Dieste

O acto xeral no salón de actos será o xoves 30 de abril. Haberá que facer 3 sesións para que poidamos asistir todos: a 3ª hora Bacharelatos; a 4ª hora os terceiros e cuartos de ESO; a 5ª hora os primeiro e segundos de ESO.

Aproveitamos para comentaros que hai moitos traballos e moi ben feitos, o que significa que imos polo bo camiño. Quedan poucos días, así que haberá que poñerse as pilas e rematar todo para o día sinalado. ÁNIMO E SEGUIDE TRABALLANDO ASÍ DE BEN

14/04/15

DA LECTURA. PREGUNTAS E RESPOSTAS.


Achegamos hoxe un artigo de Pilar Sampedro (Docente e actualmente asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia) publicado no nº20 da revista "OLLOS DE AULA" sobre o papel de familia na inciación á lectura.
Aquí o enlace á revista.




13/04/15

ADEUS A GÜNTER GRASS

Hai días moi tristes para a literatura universal, e hoxe é un deses días. Ademáis da morte de Eduardo Galeano, xa comentado na entrada previa, hoxe tamén soubemos do falecemento do escritor alemán Günter Grass, Premio Nóbel e Premio Príncipe de Asturias (ambos premios en 1999).

ADEUS A EDUARDO GALEANO



Coñecemos a noticia da morte hoxe do escritor e periodista uruguaio Eduardo Germán María Hughes Galeano. Como tributo deixamos algunhas das súas reflexións máis relevantes:

 FRASES DE EDUARDO GALEANO

"No século XX a metade do mundo sacrificou a xustiza no nome da liberdade
ea outra a liberdade no nome da xustiza e no séulo XXI sacrificamos as dúas
no nome da Globalización"

"O medo gobérnanos. Esa é unha das ferramentas das que se valen os
poderosos, a outra é a ignorancia"

"As paredes son a imprenta dos pobres"

"A liberdade dos cartos esixe traballadores presos no cárcere do medo"

"Conviría que os tecnócratas, os que deciden desde a velocidad do voo das
moscas á intensidade dos amantes, escoitasen as reflexiones dos nenos"

"Recordar: Do latín re-cordis, volver a pasar polo corazón..."

"O mundo divídese, sobre todo, entre indignos e indignados, e xa saberá
cada quen de qué lado quere ou pode estar..."

"A diferencia da solidaridade, que é horizontal e se exerce de igual a
igual, a caridade practícase de arriba-abaixo, humilla a quen a recibe e
nunca altera nin unha migalla as relaciones de poder"

"Agora América é, para o mundo, nada máis que os Estados Unidos: nós
habitamos, todo máis, unha sub América, unha América de segunda clase, de
nebulosa identificación. É América Latina, a rexión das venas abertas.

"Viñeron. Eles tiñan a Biblia e nós tiñamos a terra. Dixéronnos: "Pechen os
ollos e recen". E cando abrimos os ojos, eles tiñan a terra e nós tiñamos a
Biblia"

"Se a natureza fora banco, xa a terían salvado"

Outra homenaxe será volver a cada un dos seus libros. Algúns deles postos a
disposición de tod@s por Tele Sur

- Enlace a súa biografía e na Wikipedia.

UNHA BREVE HISTORIA DA ESCRITURA NUN VIDEO EN INGLÉS


Preparándonos para a Semana Cultural, deixámosvos un enlace a un video do British Museum que fai unha breve descripción da historia da escritura, eso sí, en inglés (Así practicades, tamén).

Enlace: A BRIEF HISTORY OF WRITING ON VIDEO @ ClickOnEnglish.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (5) actividadeBiblio (109) actualidade (35) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (70) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (11) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (81) concursos (38) conferencia (9) congresos (5) contacontos (9) Cosmos (29) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (168) encontros con escritores (14) enlaces (241) enquisas (7) ensaios (1) entrevista (1) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (3) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (140) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (4) Galicia (40) graduación (3) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (63) humor (19) ilustración (8) inglés (38) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (50) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (41) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (41) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (2) vídeos (90) violencia de xénero (7) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (2) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER