29/10/15

FELIZ SAMAÍN 2015!


Disfrutade destes días de lecer nesta longa fin de semana na que comemoramos o Samaín. Haberá moitas festas nas vilas e cidades durante estes días. Como por exemplo en Cedeira, unha das vilas galegas que máis está a facer na recuperación desta tradición.


+ info: 

Festa do Samaín – Cedeira outubro 2015

HALLOWEEN (SAMAÍN), CABAZAS… PROCEDENCIA CELTA?

[Ocio y Cultura. Blasting news]

28/10/15

O ABECEDARIO MÁIS ANTIGO DO MUNDO



Para a Semana Cultural do curso pasado traballamos moito na procura de información sobre abecedarios, ao tratar o tema da Historia da Escritura. Vimos de atopar unha noticia sobre o descubrimento dun ostracón exipcio (na foto superior) que contén o abecedario máis antigo do mundo, que se coñece ata o momento.
O ostracón é un pedazo de pedra caliza que ten inscrito unha lista de palabras exipcias do século XV a.C. ordenadas polos seus sons iniciais. 
Así que sumamos esta información a toda a que descubrimos para a preparación dese proxecto cultural...

+ info:

IDENTIFICAN O ABECEDARIO MÁIS ANTIGO DO MUNDO NUN OSTRACÓN DE LUXOR

[Ocio y Cultura. Blasting News]

27/10/15

NOVA ACTUALIZACIÓN DO DICIONARIO DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA EN VERSIÓN WEB




Xa temos unha edición actualizada da 23ª versión do Dicionario da Real Academia Española, que se publicou en outubro do ano pasado. Trátase dunha versión actualizada, que xa se pode consultar, eso sí, na páxina web da academia. Conta con novas definicións de palabras como: homoparental, wifi, amigovio. A presentación oficial da versión en línea do dicionario fíxose o pasado día 21 de outubro, apúntase que esta versión en línea renovarase cada 3 meses.

26/10/15

PROCURA DOCUMENTAL

Magnífico traballo realizado coas aportacións de varias persoas:
Gloria Durban Roca, Mª Olga Rodríguez  Díaz.
Infografía feita por Diego A. López Rodríguez.
No centro escolar CEIP Canosa-Rus.


23/10/15

A LIBRARÍA INSTITUCIONAL DA XUNTA

O pasado mes de abril a Xunta de Galicia presentou a súa Libraría Institucional a través da rede. 
Unha plataforma virtual  na que a administración pon a disposición de todo o público todo o seu fondo editiorial, sendo un punto de acceso importante a todos os materiais dispoñibles.
A biblioteca escolar pode atopar neste recurso materiais de interés e unha ferramenta útil para todos os departamentos didácticos do centro.



O sitio web: libraria.xunta.gal

20/10/15

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS


Xa temos cartel e lema elexidos para a campaña anual das Bibliotecas Escolares 2015:

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS

E neste enlace tedes + info.

14/10/15

"O PAPIRO DO CÉSAR". VOLVE ASTÉRIX... OUTRA VEZ!


Astérix está de volta...
Outra vez! O vindeiro 22 de outubro, volven os Galos nun lanzamento simultáneo en máis de quince países e traducido a máis de vinte linguas.
O volume número 36 das aventuras de Astérix e Obélix titularase O PAPIRO DO CÉSAR.
Parece que as novas historias adáptanse aos novos tempos: un dos personaxes está inspirado en Julian Assange e haberá referencias ás redes sociais cunha equivalencia á época Romana.
O argumento inspírase nos sete volumes dos Comentarios das Guerras das Galias escritos por Xulio César, nas que relataba os 9 anos de batallas que pasou combatindo os exércitos que se opoñían á dominación romana no actual territorio francés.



Do último volume das súas aventuras (de 2013 ASTÉRIX E OS PICTOS) vendéronse máis de 5 millóns de exemplares en todo o mundo. A nova entrega espera revalidar o éxito. Distribuiranse más de 160 mil exemplares en castelán, 25 mil en catalán, 4 mil en euskera, 3 mil en galego e 1.500 en asturiano!! Do total dos 35 volumes levan vendidos, a finais de 2014, máis de 350 millóns de copias

10/10/15

O DRAMA SIRIO, O DRAMA DA EMIGRACIÓN

Hoxe unha reflexión...


Mentras esquecemos ou non os dramas humáns que nos conmocionan, a escola debería levalos ás aulas para reflexionar sobre eles. E ainda que esquezamos a nosa historia recente, a que nos queda por escribir non é unha sucesión de relatos inevitables. Educación e conformismo son termos en disputa. A escola debe traballar por un cambio de mentalidade que force a súa vez un cambio nunha realidade que nos disgusta. de outra maneira, estaremos falando sempre dunha escola que esconde dita realidade para facerse cómplice da súas inxusticias.
Un sistema que insiste no seguimento escrupuloso de programacións e libros de texto está negando a forza do presente como materia educativa.




09/10/15

NOBEL DE LITERATURA 2015: SVETLANA ALEXIEVICH


O Premio Nobel de Literatura foise este ano a Bielorrusia para a escritora e xornalista Svetlana Alexievich. Para máis información sobre ela:

07/10/15

NOVOS DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS EN MONDOÑEDO (LUGO)



El patrimonio arqueolóxico de Mondoñedo increméntase con dous novos achados localizados ao longo deste ano polo servizo municipal de Arqueoloxía, dirixido por Abel Vigo. Trátase dos restos dun menhir de case tres metros de altura que está ubicado nas proximidades do Pico da Toxiza y dun Castra Aestiva, un campamento militar romano de campaña, localizado cerca da parroquia de Estelo.
Persoal do Servizo de Arqueoloxía da delegación lucense da Dirección Xeral de Patrimonio, xunto co de Mondoñedo visitaron os lugares, procedendo a súa catalogación.
Nos próximos días, procederase á documentación detallada de cada un deles e á elaboración de proxectos de investigación relacionados cos mesmos, sobre todo no caso do campamento para tentar de corroborar o que a todas luces parece un novo vestixio romano en Mondoñedo.
Según o área de Arqueoloxía de Mondoñedo, o menhir é un monumento, da época megalítica e en Galicia hai poucos e en A Mariña, sinalan, ningún catalogado.
De campamento, din que presenta ben visible unha especie de línea rectangular que se correspondería co perímetro típico dos campamentos militares de campaña, que rodeaban dunha especie de elevación (como un murete), con foso exterior.

05/10/15

5 OUTUBRO - DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES: FRASES TÍPICAS.



Hoxe é o Día Mundial dos Docentes, como cada 5 de outubro. Este ano baixo o lema "Empoderar ao profesorado para construir sociedades sostibles". 
Queremos celebralo traendo un artigo do Huffington Post que recopila as frases máis típicas y repetidas polos profes.
Hai profesores que deixan pegada, hainos que se recordan polo seu mal carácter, os que tiñan un mote graciosísimo, os que foron decisivos para elexir unha profesión ou outra... Nas distintas etapas escolares, houbo profesores de todos os tipos, pero moitos con algo en común: usaban as mesmas frases unha e outra vez. Un fenómeno que se repite en todas as xeracións e aulas.

Enlace:
FRASES TÍPICAS DOS PROFESORES. ("Huffington Post").

Posiblemente a frase máis repetida en todo o país:

"De qué te ris? Dio en voz alta e así rímonos todos"


Poderás ver algunhas máis se picas no enlace superior.

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER