25/02/16

AS NOSAS CHARLAS SOBRE FORMACIÓN DE USUARIOS





Unha alumna explica as súas tarefas como colaboradora

Onte mércores 24 de febrero, dous profesores e cinco alumnos colaboradores do equipo de biblioteca fomos dar unha charla ao IES Eusebio da Garda sobre o funcionamento da nosa biblioteca en relación á “formación de usuarios”. A experiencia foi moi satisfactoria e demostra que o traballo que facemos a diario vai dando o seu froito e xa temos cousas que contarlles ás bibliotecas que comezan agora  o seu camiño de renovación. Noraboa a todos polo traballo ben feito e, sobre todo, pola dedicación. Isto é obra de todos.

22/02/16

ECO


Esta fin de semana coñecimos a morte doutro importante escritor, filósofo e semiólogo italiano: Umberto Eco.  Un imprescindible na vida cultural italiana, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades do ano 2000. E autor, entre outros moitos libros de "O nome de rosa" e "O péndulo de Foucault". Por este motivo, o péndulo, Umberto visitou a nosa cidade o 5 de xaneiro de 1992, na Casa das Ciencias. Deixámosvos enlaces sobre este e outros aspectos da súa figura. DEP.
+ info:

- Umberto Eco (Wikipedia)


20/02/16

FRASE DA PAZ 2016


Xa temos frase da paz gañadora:
"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"
Ghandi
E agora a mandar tuits de amor...

15/02/16

SEMANA DO AMOR 2016



Aínda andamos votando a mellor frase da paz e xa estamos metidos na semana do amor. Este curso seguimos coa actividade que tanto éxito tivo o ano pasado, os tuits e whatsapps de amor. Engadimos unha novidade, o tema do desamor. Para +info enlace anterior aquí. 


Seguimos coa selección de textos de temática amorosa con enlaces musicais preparada o curso pasado, para que todo o que queira atope neles esas palabras que quixéramos dicir e non nos saen, esas palabras que os poetas xa inventaron por nós e para nós. Esta selección de textos de amor enviarémola a todo o profesorado por correo e poñeremos unha copia en papel enriba da mesa da sala de profesores. A finalidade é que teñamos material suficiente para ler estes días nas aulas. Esperamos que vos gusten. 
OMNIA VINCIT AMOR (Virxilio dixit)
Ao longo da semana obsequiaremos a todos os usuarios da biblioteca cun poema.

Ademais publicamos esta excelente selección de textos amorosos de Manuel María, autor ao que lle está dedicado o Día das Letras galegas deste ano, preparada polo IES Sampaio.

12/02/16

VOTEMOS A FRASE DE PAZ

Desde hoxe e ata o xoves 18 de febreiro estará aberta a votación para elixir a frase sobre a paz que máis nos guste a todos e convertila deste xeito NA FRASE DO BLOG PARA O ANO 2016. Só tedes que elixir unha destas 20 frases que nos propón o alumnado de 1º e 2º de ESO e darlle a enviar.
O día 19 publicaremos neste blog a gañadora.


DÍA DA PAZ 2016 NO "RAFAEL DIESTE"

O alumno MANUEL BRANDARIZ VÁZQUEZ DE 2ºde ESO A é o gañador do concurso "Os Premios Nobel da Paz". Noraboa a todos os participantes e, moi especialmente, a Manuel. Agora a preparar os tuits e whatsapps de amor para o concurso, data límite de entrega o 18 de febreiro.



09/02/16

RETRINCOS DO ENTROIDO 2016 NO "RAFAEL DIESTE"


Aquí vos mostramos unha presentación co ambiente que se respiraba no noso centro durante a festa de Entroido que celebramos o pasado venres 5 de febreiro. So uns retrincos dos disfraces que se poideron ver na festa. Non están todos... pero aquí están algúns (extraterrestre, Darth Vader, Luke Skywalker, Cervantes, un millonario xeque árabe, unhas frutas, zíngaras, robots...)

RETRINCOS DO ENTROIDO 2016 NO RAFAEL DIESTE on PhotoPeach

05/02/16

ENCONTRO CO ILUSTRADOR-HISTORIETISTA MIGUEL GALLARDO


Onte á tarde, tivemos a ocasión e a sorte de coincidir co ilustrador e historietista MIGUEL GALLARDO, dentro dos XII Encontros con Escritores organizados polo CEFORE de A Coruña. A Miguel xa lle dedicamos AQUÍ unha entrada anterior co motivo da presentación da súa segunda historieta sobre a súa relación coa súa filla autista María.
Miguel é un dos máis destacados historietistas españois, creador de moitos personaxes e colaborador en moitas revistas de comics. É o creador de Makoki, Pepito Magefesa, o Perro Nick, entre outros...
Na súa conferencia de onte falou da súa obra e da súa labor de concienciación sobre o Autismo. Desta última labor, deixámosvos cos videos que mostran o seu traballo en películas de animación feitos para a Fundación Orange. Podemos así disfrutar das súas ilustacións en movemento.


Video "A VIAXE DE MARÍA", Fundación Orange (Miguel Gallardo):



Video ·ACADEMIA DE ESPECIALISTAS", Fundación Orange (Miguel Gallardo)

04/02/16

ENTROIDO 2016: PROGRAMA DE FESTAS


Entramos en época de festa e diversión, comeza o Entroido 2016, uns días de vacacións e de disfrute. Hoxe é Xoves de Comadres. Desexándovos que o pasedes moi ben, e unha vez rematada a celebración que teremos mañá venres no instituto, deixámosvos cun enlace co programa xeral de festas previstas en toda Galicia para estes días... según recolleu o xornal "La Voz de Galicia".
Haberá unha festa cerca, seguro.



Enlace: 

Carnaval 2016 en Galicia: guía para disfrutar do mejor Entroido e horarios dos desfiles

03/02/16

400 ANOS DESPOIS...


Neste ano 2016 conmemórase o 400 aniversario da morte de dous grandes clásicos da literatura universal: Cervantes e Shakespeare. Hai unha gran polémica por cómo se está celebrando a efeméride en cada un dos dous países de orixe de cada autor, España e o Reino Unido. Mentras que en Gran Bretaña diferentes institucións (British Council, Royal Opera House, a Biblioteca Nacional...) teñen xa programados unhas serie de actividades*, aquí o Goberno, Ministerio de Cultura, Real Academia, Instituto Cervantes non se poñen de acordo na organización do evento.

 * Actividades previstas para conmemorar a Shakespeare:
- British Council: Programa "Shakespeare Lives" no que acercarán a figura deste autor por medio da danza, cine, debates, exposicións e obras de teatro, aquí en España.
- Royal Opera House: Retransmisión en directo as obras desta temporada en case 100 cines.
- Biblioteca Nacional: A exposición "Shakespeare en toda a súa letra" mostrando exemplares das súas primeiras traducción ao castelán, euskera e galego.
- O 23 de abril retransmitirase a mantaxe de "Hamblet" co Maxine Peake como actriz protagonista.

+ info: en artigos de "El País"
- Falta sintonía entre organizadores do IV Centenario da morte de Cervantes.

- Que os ingleses se queden con Cervantes...

- Cervantes a través dos seus manuscritos

02/02/16

+ RECURSOS TIC



Achegamos máis recursos TIC hoxe con un enlacfe a un artigo que recopila distintos sitios da rede donde poder encontrar música, sons, efectos sonoros e todo o relacionado con audio de forma libre. 
Enlace: 

Recopilatorio de sitios con audio libre para usar nos nosos proxectos. 

(Boletic CPR Castuera)

01/02/16

SAN VALENTÍN 2016: CONCURSO "TUITS E WHATSAPPS DE NAMORADOS"


De novo, como cada ano, chegado febreiro celebraremos a festa dos namorados arredor do 14 de febreiro, Día de San Valentín. Volvemos un ano máis co concurso, que tanto éxito tivo o ano pasado, dos tuits ou whatsapps de amor e este ano engadimos unha novidades, o tema do desamor*. (*Este ano introducimos a variante de tuits de desamor, para poder amosar e denunciar a problemática sobre abuso e violencia de xénero)

Concurso de tuits/whatsapps de amor

1-Pode participar calquera membro da comunidade educativa
2-O prazo do concurso será do 1 ao 18 de febreiro
Para participar
1-Accede ao cuestionario e identifícate co nome e apelidos e o curso.
2-Escribe a túa mensaxe que non pode pasar de 140 caracteres e terá que ser orixinal, e dalle a enviar.
3-A mensaxe poderá estar escrita en calquera lingua que se imparta no instituto (Galego, castelán, inglés, francés, latín, grego...)
4-Pode ir dirixida a calquera tipo de amor: parella, amigo, familia, etc
5-O xurado estará formado polo equipo de biblioteca
6-O premio será fallado o 22 de febreiro publicarase no blog Arquivos do Trasno
7- Os participantes autorizan á publicación dos tuits no taboleiro e no  blog da biblio.

Estade atentos a unha nova entrada. (AQUÍ)

ETIQUETAS

8-M a lingua acoso-bullying actividadeBiblio actualidade adolescencia Ágora alfin amor animación ApadriñaLector arqueoloxía arte astronomía audio audiovisual autores baile bibliotecas bioloxía blog cartel centenario certames cidades ciencia ciencia-ficción cine club de lectura comic compromiso concertos concursos conferencia congresos contacontos Cosmos cuca cuestionario curta dereitos humanos deseño dicionarios didáctica discapacidade DIVERINTERCULTURAL DiversidadeCultural documentais educación efemérides encontros con escritores enl enlaces enquisas ensaios entrevista entroido exposicións expresión oral familias feminismo ficha filosofía física fomento da lectura fondos formación de usuarios formularios fotografía francés galego Galicia Gastronomía graduación Grego guías HªEscritura HªOlimpiadas historia homenaxe HoraDeLer humor ilustración inglés iniciativas intercambio interculturalidade internet latín letras galegas LIBROS LibrosVivintes linguas estranxeiras literatura manualidades matemáticas medio ambiente microrrelatos mitoloxía mochilas viaxeiras mulleres MUSE museos música nadal narrativa natureza Nobel noticias O CINE O MAR obituario obradoiro Odisea OPINIÓN ortografía P.Cervantes P.Dado Pasapalabra patrimonio PATRIMONIOGALEGO paz pioneiros PLAMBE PlanProxecta poesía premios presentación publicidade química radio Radiofiestra RadioNaBiblio RD25Anos recursos revista roteiros S.C.AntiguaGrecia Samaín saúde semana cultural solidariedade teatro textos tics titoría traballo por proxectos traducción tríptico verán viaxes vídeos violencia de xénero votacións xadrez xeografía xogos XOGOSTRADICIONAIS xornadas xornalismo xubilación

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

ESTATÍSTICAS DE VISITAS

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER