A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


21/04/16

20/04/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": HORARIO DE ACTIVIDADES


Este é o horario das actividades previstas para a nosa VII Semana Cultural sobre "Personaxes pioneiros". O martes e o mércores haberá tres pases dos dous desfiles para os distintos niveis. Tamén haberá tres pases das actividades "A Escola de Atenas" e "A Odisea e a Morte de Sócrates". O luns e venres haberá distintos obradoiros nas horas sinaladas no horario.

19/04/16

VII SEMANA CULTURAL "PERSONAXES HISTÓRICOS PIONEIROS": "THE PIONEERS FILES" & "THE PIONEERS CHALLENGE QUIZ"

PRORROGADA UNHA SEMANA MÁIS: ATA O VENRES 6 DE MAIO.
MÁIS DÍAS PARA ATOPAR AS RESPOSTAS CORRECTAS...

A uns días de empezar coa nosa Semana Cultural na súa séptima edición avanzamos algúns dos contidos.
Alumnado de 2ºESO-C e 1ºBACs prepararon biografías en inglés sobre personaxes que foran os primeiros nalgún campo profesional (científico, deportivo, social, artístico...): As biografías seleccionadas conforman:
"THE PIONEER FILES: A collection of biographies of people who have been the first at something"
Sobre as biografías escollidas preparáronse unha batería de preguntas que poderedes contestar durante a semana cultural: "THE PIONEERS CHALLENGE QUIZ". 
Aquí un avance do que teredes, e para estar totalmente actualizados, aquí están os enlaces ao blog de inglés: ClickOnEnglish/Pioneers 
e directamente ás preguntas: THE PIONEERS CHALLENGE QUIZ.
                                  
Our "PIONEERS FILES" & "PIONEERS CHALLENGE QUIZ"
coming soon for our 7th Cultural Week.


THE PIONEERS FILES. on PhotoPeach

18/04/16

20 ANIVERSARIO DE "ALATRISTE"

«Non era o home máis honesto 

nin o máis piadoso, 

pero era un home valente.»

Alatriste, personaxe creado por Arturo Pérez Reverte, cumple 20 anos, e para tal aniversario aparece "TODO ALATRISTE", un libro que reúne as sete novelas da saga e algún texto inédito. Disponible dende hoxe nas librerías.
As aventuras do Capitán Alatriste contan as historias dun veterano dos tercios de Flandes que malvive como espadachín no Madrid do século XVII. Os seus perigosos e apasionantes lances nos levan á Corte dunha España decadente e corrupta. 

15/04/16

"AQUÍ VIVIU": UN CÓMIC SOBRE OS DESAFIUZAMENTOS


[Os autores Cristina e Isaac]

Os cómics non só contan historias de heroes fantásticos de ciencia ficción ou historias graciosas. Os cómics tamén poden reflexar e denunciar a realidade social do momento. Eso é o que fan a ilustradora Cristina Bueno e o escritor Isaac Rosa en "AQUÍ VIVIÓ", unha novela gráfica no que queren manter na actualidade o grave problema da vivenda e dos desafiuzamentos co que levamos convivindo nos últimos anos de crise. A casa, o fogar é o protagonista da historia como espazo de vidas e historias. As historias cóntanse dende multiples puntos de vista: o desafiuzado, os veciños, a policía...

+ info:

Sobre as ruínas dun desafiuzamento

[El País]

14/04/16

REEDÍTASE "CELIA" DE ELENA FORTÚN


"Celia", a protagonista das populares novelas creadas por Elena Fortún, que relataba a crueldade de loitar por vivir na retaguardia da Guerra Civil española, ven de ver a reedición da última das novelas da colección, que só tivo una edición considerada rareza en 1987.
A súa autora, republicana e anticlerical, viviu en directo a guerra, sufrindo a fame, o odio, as bombas, os crimes de cada bando, pero tamén a solidariedade, recolle nestas novelas unha visión alonxada das ideoloxías.
"Celia" tivo tamén unha adaptación televisiva nos anos 90.

+ info:

Celia conta a verdade da guerra

[El País]

06/04/16

73 ANOS DE "O PRINCIPIÑO" E A SÚAS ENSINANZAS



Foi un 6 de abril de 1943 cando se publicou por primeira vez "O Principiño".  Cúmprense, polo tanto, 73 anos dunha obra que moitos consideraron un simple conto infantil, pero que contén valiosas leccións para todos, nenos e adultos, sobre a vida. No libro trátanse temas como a amizade, a soidade, o amor, a tristeza e a riqueza.
Escrita por Antoine de Saint-Exupery, un aviador francés, que morreu un ano despois da súa publicación. Deixámosvos cun enlace con dez ensinanzas deste libro.

+ info:
- DEZ ENSINANZAS DE "O PRINCIPIÑO". [diarioinformacion.com]

05/04/16

ENCONTROS DO PLAMBE 2016 EN COMPOSTELA

 Os vindeiros días 7 e 8 de abril terán lugar en Santiago de Compostela os "ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2015/2016".

Trátase do encontro anual do profesorado que xestiona e coordina as Bibliotecas Escolares do PLAMBE.


03/04/16

LISTADO DE PERSONAXES PIONEIROS

A Semana Cultural xa está próxima, será do 25 ao 29 de abril. Estes son os personaxes pioneiros que andamos a traballar nas aulas, ordenados por orde cronolóxica. Lembrade que hai que entregar antes do venres 8 de abril unha imaxe en alta definición (HD, sobre 1 MB) para ir encargando os carteis a unha imprenta co fin de montar a exposición conxunta. Cada cartel levará unha liña debaixo co nome do personaxe, a época e qué fixo para ser considerado pioneiro.

Listado cronolóxico de personaxes pioneiros
Safo
(Semana Cultural do 25 ao 29 abril 2016)

1-HOMERO (s. VIIIa.C.)
2-SAFO (s.VII-VIa.C.)
3-TALES DE MILETO (625-547a.C.)
4-PITÁGORAS (570-495 a. C.)
5-GORXIAS (ca.485-380 a.C.)
6-SÓCRATES (470-399 a.C.)
7-ASPASIA DE MILETO (470-400a.C.)
8-PLATÓN (427-347 a. C.)
9-ARISTÓTELES (384-322 a.C.)
10-ALEXANDRE MAGNO (356- 323 a.C.)
11-EUCLIDES (325.265 a.C.)
12-CLEOPATRA VII (69-30 a.C.)
13-HIPATIA DE ALEXANDRÍA (ca.370-415)
14-EXERIA (s. IV)
Rosalía de Castro
15-HILDEGARDA DE BINGEN (1098-1179)
16-CRISTOBAL COLÓN (1451-1506)
17-LEONARDO DA VINCI (1452-1519)
18-MIGUEL DE CERVANTES (1547-1616)
19-INMANUEL KANT (1724-1804)
20-JEANNE BARET (1740-1807)
21-IRMÁNS MONTGOLFIER (1740-1810/1745-1799)
22-WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
23-MARY WOLLSTONECRAFT (1759-1797)
24-NAPOLEÓN BONAPARTE (1769-1821)
25-ALEXANDER HUMBOLDT (1769-1859)
26-LUDWIG BEETHOVEN (1770-1827)
27-FRANZ BOPP (1791-1867)
28-GEORGE SAND (1804-1876)
29-LOUIS BRAILLE (1809-1852)
30-CHARLES DARWIN (1809-1882)
31-KARL MARX (1818-1883) 
32-HEINRICH SCHLIEMANN (1822-1890)
33-LOUIS PASTEUR (1822-1895)
34-JULES VERNE (1828-1905)
Kathrine Switzer
35-ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)
36-CLAUDE MONET (1840-1926)
37-EMILIA PARDO BAZÁN (1851-1921)
38-SIGMUND FREUD (1856-1939)
39-NIKOLA TESLA (1856-1943)
40-HERMANOS LUMIERE (1862-1954/1864-1948)
41-ALBERT EINSTEIN (1879-1955)
42-ALFRED LOTHAR WEGENER (1880-1930)
43-SUFRAXISTAS BRITÁNICAS (1890…..)
Claude Monet
44-DOROTHY GARROD (1892-1968)
45-IRÉNE JOLIOT-CURIE (1897-1956)
46-MARÍA ZAMBRANO (1904-1991)
47-SIMONE DE BEAUVOIR (1908-1986)
48-ANGELA RUÍZ ROBLES (1895-1975)
49-MICHAEL VENTRIS (1922-1956)
50-MARGARET THATCHER (1925-2013)
51-KATHRINE SWITZER (1947)
52-AMY WINEHOUSE (1983-2011)













02/04/16

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2016


Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando o nacemento do escrito danés Hans Christian Andersen, neste "mes dos libros".
+ info.

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (115) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (2) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (64) humor (19) ilustración (8) inglés (39) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (2) viaxes (3) vídeos (92) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER