Hoxe conmemórase o Día Mundial da Filosofía. Europapress e a Cadena SER recopilaron algunhas das mellores frases de filósofos para que reflexionemos...
Pódedes acceder dende aquí ás recopiladas por Europapress:
Aquí as recollidas pola Cadena SER (Acceder ao sitio: CadenaSER)
- Penso, logo existo (Cogito, ergo sum). René Descartes.
- Son o home vivo máis sabio, porque sei unha cousa, e é que non sei nada. Sócrates.
- Homo Homini Lupus (O home é un lobo para o home). Orixinal do latino Plauto e popularizada por Thomas Hobbes
- A relixión é o opio dos pobos. Karl Marx.
- Un é dono do que cala e escravo do que fala. Sigmund Freud.
- O sabio non di nunca todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di. Arístóteles.
- A maior declaración de amor é a que non se fai; o home que sente moito, fala pouco. Platón.
- A medida do amor é amar sen medida. San Agustín.
- A vida é moi simple, pero insistimos en facela complicada. Confuccio.
- O home é a medida de todas as cousas. Protágoras.
E a conclusión...
- Non se pode decir nada tan absurdo como para que non se tivera dito por algún filósofo. Cicerón
Ningún comentario:
Publicar un comentario