A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Mahatma Gandhi


09/12/17

CICLO DE CONFERENCIAS "O LIBRO COMO PUNTO DE PARTIDA"


Facémonos eco dun ciclo de conferencias organizados polo Museo de Belas Artes de A Coruña: "OS LIBROS COMO PUNTO DE PARTIDA". Unha selección de publicacións servirán como punto de partida para que os seus autores expoñan, analicen e debatan diferentes aspectos relacionados con moitas outras disciplinas.

Máis información nesta LIGAZÓN.

04/12/17

SEMANA HOMENAXE A MANUEL LOURENZO - DECEMBRO 2017 NO "RAFAEL DIESTE"


Como é costume cada mes de decembro, Bibliodieste adícalle unha semana de homenaxe a algún literato galego. Este curso imos rendirllo a Manuel Lourenzo. Elexímolo por ser principalmente autor de teatro, xénero bastante minoritario nas lecturas obrigatorias ou nos clubes de lectura.
Será na derradeira semana de decembro, antes das vacacións, cando prepararemos actividades sobre a súa obra.

29/11/17

Semana Cultural 2018-Gastronomía: CHARLA "HEROES E VILÁNS DA ALIMENTACIÓN"


Hoxe mércores 29 de novembro, o alumnado de Bacharelato e 3ºESO asisten á charla "HEROES E VILÁNS DA ALIMENTACIÓN" por Deborah García Bello. Falará sobre productos sen lactosa ou gluten, os aditivos alimenticios, o aceite de palma, entre outras moitos aspectos que afectan á nosa alimentación.
Organizado polo Departamento de Bioloxía, incluímola como unha primeira actividade de inicio e avance da Semana Cultural 2018 adicada á Gastronomía.


Déborah García Bello durante a charla hoxe á maña.
Máis información sobre a ponente, a charla e as opinións do alumnado: AQUÍ

28/11/17

JOAN MANUEL GISPERT VISITA O "RAFAEL DIESTE"


O noso instituto recibiu hoxe a visita do primeiro autor literario neste curso. Era o escritor catalán JOAN MANUEL GISPERT, autor de literatura xuvenil e infantil, quen falou para o alumnado de primeiro de bacharelato.
A conferencia foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá.
+ info:
- Joan Manuel Gispert na Wikipedia
- Páxina web de Joan Manuel Gispert

25/11/17

O "RAFAEL DIESTE" EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA


Hoxe conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O noso instituto xa tivo presente esta iniciativa ao longo desta pasada semana con charlas e obras teatrais sobre o tema, ademáis de visibilizar os carteis do Concello dentro da Campaña "En negro contra as violencias".
É un traballo de todos sensibilizarnos e loitar en contra desta lacra social.

22/11/17

ODILO: A BIBLIOTECA NA NUBE


ODILO é unha innovadora empresa española que levou a revolución dixital ao ámbito dos libros e das bibliotecas. A compañía naceu en 2011 coa idea de levar a tecnoloxía na nube ao sector do libro, e conseguir en formato electrónico os libros que se venden nas librerías, exportando este servizo ás bibliotecas tamén. Crearon así un catálogo virtual de 1,3 millóns de contidos dixitais en 42 linguas. Compran os dereitos de libros xa dixitalizados, os catalogan e os suben a unha plataforma. Os usuarios descargan unha aplicación e poden ter acceso a un gran número de exemplares nas súas tablets ou nos seus libros dixitais.
O proxecto levouse despois a empresas, institucións públicas e centros de ensinanza,.busca Neste últimos procura o fomento da lectura  entre o alumnado e un aforro para as familias nas compras de libros. Odilo é líder en lingua castelá e está presente en 35 países. A súa expansión conta con investimento da Unión Europea.

+ info: [El País]

17/11/17

SERGIO RAMÍREZ, PREMIO CERVANTES 2017

Outro autor galardoado, o Premio Cervantes 2017 é para o escritor, abogado e tamén xornalista nicaragüense Sergio Ramírez. Tamén é político xa que foi vicepresidente do goberno dese país entre 1985 e 1990.

+ info:

15/11/17

ROSA MONTERO, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2017

A periodista e escritora madrileña, ROSA MONTERO ven de recibir o Premio Nacional das Letras 2017.
Para máis información sobre ela, tedes estes enlaces:

+ info:


- Nun artigo no xornal no que escribe ("El País"):

“Estou nun momento poderoso da miña escritura”

13/11/17

NOVEMBRO 2017: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS



Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Nesta ligazón tedes máis información.

02/11/17

ÁGORA: FORMACIÓN DE USUARIOS



Con motivo da celebración o pasado 24 de outubro do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, no noso Instituto levamos a cabo ao longo da semana (desde o 23 ao 30 de outubro) unha serie de actividades, entre as que queremos destacar nesta entrada o cursiño de formación de usuarios impartido pola biblioteca municipal da Ágora ao profesorado do equipo. Este cursiño forma parte da colaboración que vimos desenvolvendo estes anos coas bibliotecas municipais do noso barrio, a da Ágora e a de Los Rosales, a quen quedamos moi agradecidos pola súa disposición a colaborar con nós.

30/10/17

SAMAÍN 2017 NO "RAFAEL DIESTE"


O patio central do noso instituto adornado para a ocasión do Samaín 2017.




Celebramos Samaín de novo, e como xa ven sendo habitual Bibliodieste xunto co Departamento de Inglés do centro organizamos unhas charlas en inglés para o primeiro ciclo da ESO para aprender das orixes e tradicións das típicas celebracións do "Halloween" norteamericano.
O auxiliar de conversa deste curso, Ben Davidson, contou ao noso alumnado como solía celebrar esta festividade americana, despois de repasar conceptos e vocabulario básico relacionado co Samaín.
Cousas que aprendimos na súas charlas:
- Celébrase o 31 de outubro. Non é día festivo nos EEUU.
- Os nenos disfrázanse no só con disfraces de medo ou terror, algúns con temáticas agradables ou graciosas. Non se celebra o Antroido nos EEUU, e isto para eles sería a súa celebración como tal.
- En pobos e vilas, os cativos soen ir polas casas veciñas  do rueiro co xogo do "Truco e trato".
- Ao ir á universidade, a xuventude soe celebrar festas de disfraces.


Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Publicación no Blog do Instituto.

28/10/17

RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS


Vimos de incluir un novo enlace que poderedes atopar no apartado de RECURSOS TIC (na columna da dereita na parte de abaixo da páxina principal deste blog). Este novo enlace leva ao blog de Javier Tourón, donde poderedes atopar unha multitude de recursos dixitais.


Xa podedes tamén enlazar dende aquí: RECURSOS EDUCATIVOS DIXITAIS.


27/10/17

SAMAIN 2017 EN "BIBLIODIESTE": QUEN DIXO MEDO?

Bibliodieste conmemora este Samaín cunha nova exposición de libros de terror.
Anímaste a ler un ou dous?
Quen dixo medo?
Xa están expostos na biblioteca.

26/10/17

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS 2017


Estes días os membros do equipo de biblioteca están tamén a facer a actividade de Formación de Usuarios, isto é, a presentación da biblioteca do centro ao novo alumnado de 1ºESO da ESO, que este ano se incorpora ao centro.
Explícaselles o funcionamento da biblioteca, como atopar un libro nela, as distintas seccións da mesma, e fáiselles entrega do carné e o número co que poderán tomar prestados libros, comic e/ou DVDs.

+ info: nesta entrada previa: COMO ATOPAR UN LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

25/10/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017 EN "BIBLIODIESTE": "TODOS NO MESMO BARCO"




Celebramos esta efemérides cunha exposición dos carteis das Bibes desde o curso 2010-2011 até o actual 2017-2018, en total oito anos. No ano 2010 o noso Instituto entrou a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e esta exposición, preparada coa axuda do alumnado colaborador de Biblioteca, quere ser unha mostra do orgullosos que nos sentimos de participar neste proxecto que medra ano a ano. O lema elixido “Todos no mesmo barco”, sacado dun cadro de Roy Thomas titulado “We´re All in the Same Boat” e exposto na National Gallery de Ottawa en Canadá, quere significar que a nosa biblioteca debe ser o barco no que naveguemos todos xuntos para impulsar un proxecto común.

O "making of" da expo: Membros do equipo da biblioteca preparando a exposición.

24/10/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2017




O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Mostramos hoxe fotos da Biblioteca e Arquivo Xeral de Galicia na Cidade da Cultura de Gaiás en Santiago de Compostela. Tamén vos refrescamos a memoria deixándovos un enlace a outras bibliotecas espectaculares do resto do mundo.

[Europa Press]

As bibliotecas máis impresionantes

do mundo: un aliciente para estudar

20/10/17

XEOGRAFÍAS LITERARIAS


Aventuras Literarias é unha editorial que vende mapas de cidades que xa non existen, porque están ligadas a unha obra literaria que capturou un momento da súa historia. 
Todos os mapas veñen ca súa versión dixital e a novela ou obra que a recolle: o Londres de Jane Austen (na foto superior) ou o de Sherlock Holmes, o Madrid de Pérez Galdós...









+ info:

Xeografías que perduran na literatura

[El País]

18/10/17

FERNANDO ARAMBURU, PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2017


O escritor vasco Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959) ven de ser galardoado co Premio Nacional de Narrativa pola súa útlima novela "PATRIA", no que se conta a historia dos anos convulsos do Euskadi polo terrorismo. Co mesmo libro tamén acadou os premios: Nacional da Crítica, o Francisco Umbral como libro do ano e o Premio Euskadi de Literatura, incluso próximamente convertirase nunha serie de televisión.

+ info:
- Sinopsis de "Patria" [quelibroleo.com]

13/10/17

NOVAS AVENTURAS DE ASTÉRIX EN ITALIA

[Portada da novo cómic de Asterix]

Xa comentamos alá polo mes de xaneiro aquí, que os seguidores de Astérix estaban de noraboa porque anunciábase unha nova aventura do heroe galo e o seu compañeiro Obélix.
Pois agora confirmamos que o vindeiro 19 de outubro estará disponible a aventura nº37 da parella. Publicarase en España (en edicións en castelán, galego, catalán, euskera e asturiano) e simultáneamente en 25 países! Todo unha mostra dos seguidores que teñen por todo o mundo. E esta vez, Astérix e Obélix andarán por terras italianas facendo a vida imposible aos romanos.

+ info: 

Astérix y Obélix vanse de carreiras a Italia [El País]


11/10/17

DÍA INTERNACIONAL DA NENA 2017: PROTECCIÓN NAS EMERXENCIAS


Outro 11 de outubro, no que conmemoramos o Día Internacional da Nena para concienciar da situación de desigualdade das nenas no mundo. Foi aprobado no 2011 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Na resolución 66/1703, declárase este día para recoñecer os dereitos das nenas e os desafíos excepcionais ás que se enfrentan en todo o mundo.
Este ano céntrase na protección das nenas en emerxencias.

05/10/17

KAZUO ISHIGURO, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2017



Hoxe coñeceuse o nome do escritor galardoado co Premio Nobel de Literatura 2017, que este ano recaeu no escritor británico, de orixe xaponés, Kazuo Ishiguro.
Deixámosvos uns enlaces para ter máis información de quen é este autor.

+ info:







Na cidade de donde era Alfred Nobel, e donde cada ano se conceden e reciben os premios, Estocolmo, pódese visitar o NobelMuseet, o museo dos Nobel. Ali atópase toda o información sobre Alfred Nobel, inventor da dinamita e fundador dos premios, e sobre os máis de 900 galardoados en estes mais de 100 anos de premios.

ETIQUETAS

a lingua (25) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (7) actividadeBiblio (126) actualidade (42) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (55) baile (4) bibliotecas (78) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (4) ciencia (22) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (27) compromiso (84) concursos (41) conferencia (12) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (54) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (83) efemérides (172) encontros con escritores (15) enlaces (263) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (147) fondos (1) formación de usuarios (8) formularios (1) fotografía (6) galego (6) Galicia (43) Gastronomía (2) graduación (4) guías (5) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (66) humor (19) ilustración (8) inglés (42) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (14) latín (2) letras galegas (54) LIBROS (148) LibrosVivintes (3) linguas estranxeiras (8) literatura (88) manualidades (2) ManuelLourenzo (1) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (45) MUSE (1) música (50) nadal (8) narrativa (40) natureza (2) Nobel (4) noticias (39) obituario (24) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) Pasapalabra (3) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (46) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (16) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (8) saúde (6) semana cultural (124) solidariedade (13) teatro (25) textos (1) tics (44) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (9) votacións (3) xadrez (1) xeografía (7) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER